Pi Graos, un grupo de música creado no Local de ensaio busca finaciamento para o seu primeiro disco

51

O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez presentou hoxe a campaña de micropatrocinio que puxo en marcha o grupo Pi Graos, nado no Local de Ensaio de Pontevedra, para tratar de lanzar o seu primeiro disco. Para iso optaron polo crowdfunding para o financiamento.

A banda escolleu este método innovador para atopar financiación, afastado do modelo discográfico tradicional, que consiste en recibir pequenas achegas de patrocinadores a cambio de pequenas recompensas.

A banda, en pleno proceso de gravación, acaba de lanzar na súa web www.pigraos.com unha campaña para o financiamento da súa ópera prima mediante o modelo de crowdfunding de www.verkami.com. Coñecido tamén como micromecenaxe, este sistema está tendo moito éxito entre os artistas emerxentes, e notablemente en Galicia, con proxectos como Os Cempés, La Metamovida ou Galician Bizarre. Pi Graos dispón de pouco máis dun mes para achegar ao seu obxectivo de financiación, a cambio de ventas anticipadas de discos e entradas, ou mesmo de directos privados.