Novo éxito de Ponte Wapa!!

50

A quinta edición de Ponte Wapa!!, celebrada esta fin de semana na praza de Galicia, resultou todo un éxito de público e de organización. O alcalde acompañado dos concelleiros de Medio Ambiente, Anxos Riveiro e Pilar Comesaña estiveron durante a mañá repartindo as tres variedades de plantas nas tres casetas situadas na parte alta da praza de Galicia pola que pasaron ducias de persoas.

A concellaría de Medio Ambiente Urbano comezou a montar tanto as casetas do reparto de plantas como as carpas dos obradoiros para nenos sobre as 08.00 horas. Dende as 11.30 horas en punto , os estiveron regalando plantas (petunias, xeranios e alegrías de Guinea) a os que se achegaron á praza de Galicia. Durante case todo o reparto as colas chegaron ata a rúa Andrés Muruáis, aínda que as plantas entregábanse con dilixencia. Ninguén quedou sen un exemplar e incluso foron algúns os que volveron a facer a cola para coller outra especie distinta. As existencias esgotáronse a unha da tarde.

A actividade estivo acompañada de música e dos bailes do grupo de animación Rivel. Tamén houbo obradoiros de globoflexia e maquillaxe para nenos.

A Concellaría de Medio Ambiente Urbano pretende con Ponte Wapa!! que os veciños de Pontevedra engalen os seus balcóns e as fiestras das súas casas de xeito que a cidade luza máis bela nesta primavera e no verán.