Bombeiros e Protección Civil organizan un dispositivo de seguridade especial polas fogueiras de San Xoán

62

O servizo de Bombeiros en colaboración con Protección Civil activará un dispositivo de seguridade especial con motivo das fogueiras de San Xoán que comezará ás 22.00 horas do día 23 e rematará arredor das 01,30 horas do día 24, cando os profesionais do corpo de Bombeiros consideran que quedarán extinguidas as fogueiras.

Ata o día de onte o Concello recibiu notificación de que se realizarán 131 fogueiras no concello, nembargantes cabe a posibilidade que ata o mesmo sábado pola mañá o rexistro municipal recolla algunha notificación máis, polo que os Bombeiros estiman que poderían achegarse ata as 200 fogueiras.

Bombeiros contará coa colaboración de Protección Civil e se repartirán todo o territorio do municipio de tal xeito que haberá, cando menos, unha patrulla por parroquia e barrio o que permitiría actuar de xeito inmediato no caso de xurdir algún problema.