Pontevedra, cidade solidaria coa infancia

36

O Concello de Pontevedra colabora hoxe  nunha acción de promoción da Fundación Meniños organizada por alumnos da Facultade de Ciencias Sociais en todo o centro urbano. O acto principal celebrouse na praza de Méndez Núñez, coa colocación dunha camiseta á estátua de Valle Inclán, dentro desta campaña que declara Pontevedra como cidade solidaria coa infancia por parte da Fundación Meniños.

Esta campaña está enmarcada dentro da programación de celebración do Día internacional dos dereitos do neno, xornada celebrada o pasado 20 de novembro. Estaba programada para o pasado venres, pero por mor do mal tempo os promotores da acción acordaron postpoñela para mañá, xoves, 29 de novembro. Con esta acción “sorpresa” para a cidadanía rematarán os actos programados con motivo do Día internacional dos dereitos do neno.

A campaña comezou a primeira hora da mañá. Entre outras accións, as estátuas e certos elementos da cidade estarán “vestidos” de cor laranxa para a ocasión e ofrecerán á cidadanía información sobre a Fundación Meniños. O obxectivo da campaña é dar a coñecer a labor da asociación en Pontevedra, difundir os seus valores proxectando a Pontevedra como cidade solidaria e comprometida.

A campaña durará arredor de 12 horas e será visible nas seguintes prazas:

• Praza da Verdura
• Praza da Leña
• Praza da Peregrina
• Praza de San Xosé
• Glorieta de Compostela
• Praza da Alhóndiga
• Praza de Méndez Núñez
• Praza de España
• Praza da Ferraría
• Panel da estación do tren.