Completa a matrícula de tres dos cinco cursos de Pisando Forte que abrían hoxe a inscrición

89

Os cursos de Caixeiro e repoñedor, Curso de manexo de aparatos Desa e Obradoiro de Cooperativismo que oferta o programa de formación para o emprego Pisando Forte da Concellaría de Xuventude xa ten completa a matrícula, e eso que abría ás 09.00 horas desta mañá. Aínda hai prazas para asistir ao Obradoiro de radio e comunicación e á Xornada: “Outro emprendedor é posible”.
Aínda que nos tres primeiros cursos a matrícula está completa, existe unha lista de agarda por si se producira algunha baixa neles. A Concellaría de Xuventude anima a todas as persoas que queiran participar nestes cursos con matrícula completa que non deixen de inscribirse por si se producira algunha baixa.
Ao mesmo tempo o concelleiro Demetrio Gómez, responsábel da área de Xuventude, solidarízase con todas as persoas que fan uso dos cursos de formación do Concello de Pontevedra debido ao importante problema de desemprego que existe entre a mocidade.
Cabe lembrar que a formación ofertada por Pisando Forte está dirixida a mozos e mozas de 16 a 35 anos, en situación de desemprego e do municipio de Pontevedra. Trátase dunha formación gratuíta, totalmente subvencionada pola Concellaría de Xuventude e que ten por obxectivo mellorar o acceso ao mercado laboral da poboación nova, a través dunha oferta formativa orientada á mellora das competencias persoais e profesionais.
Ao respecto dos cursos, hoxe mesmo comeza o Curso de oratoria, que se impartirá durante os vindeiros seis xoves consecutivos entre as 17.30 e as 20.30 horas. O obxectivo é mellorar a comunicación en público dos participantes, en el practicarán coa preparación de exposicións públicas, entrevistas e aprenderán diferentes técnicas e estratéxicas para vencer o medo escénico.
O vindeiro mércores, 8 de maio comezará o Curso de atención ao público e comunicación efectiva para o desenvolvemento laboral, que se impartirá até o vindeiro 16 de maio na Casazul.