O Principal acolle o sábado a Gala das Letras da Asociación de escritores en lingua galega

49

O Teatro Principal acolle este sábado, 3 de maio, a Gala das Letras organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) a partir das 20.00 horas. A Concellaría de Cultura colabora coa organización da Gala.
  Na gala fallaranse os premios AELG 2014 ás mellores obras de 2013 nas categorías de ensaio, literatura infanto-xuvenil, poesía, narrativa, tradución, teatro, xornalismo cultural e mellor blog literario. Contará coas actuacións de Najla Shami e Xavier Blanco.
No transcurso da gala tamén se entregará o premio AELG Escritor Galego Universal a Bernardo Atxaga, que a véspera á gala dará unha conferencia no Pazo de Mugartegui sobre “Reaccións ante unha pedra riscada”. Será a partir das 20.00 horas. Estará acompañado do tradutor Ramón Nicolás, a secretaria xeral da AELG Mercedes Queixas, e a concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro.
A Gala das Letras tamén inclúe a entrega dos Premios da Crítica Galega, o premio “Bos e xenerosos” a Sabela Teatro, Achádego Teatro, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Editorial Laiovento, Casahamlet, e o Premio de teatro infantil da A.C. O Facho.
Outros premios que se entregarán na gala son:
Premio AELG Mestes e Mestras da Memoria: Elba Requeijo e Xavier Blanco
Premio AELG Institucións: Proxecto Buxiganga, Área de Cultura da Deputación de Lugo; Premio de teatro Rafael Dieste, Área de Cultura da Deputación de Coruña; Programa anual de Teatro Concello de Narón; e Programa anual de teatro do Concello de Tui.