Zafarrancho na avenida de Bos Aires, entre a Ponte dos Tirantes e a praia fluvial

122

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión limparase a avenida de Bos Aires, dende a Ponte dos Tirantes até a praia fluvial, na súa marxe dereita.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.

A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.