O Concello saca a contratación os seguros municipais

95

O Concello de Pontevedra celebrou esta mañá unha mesa técnica para a contratación dunha correduría de seguros que faga fronte a todos os seguros que ten a administración local. Trátase dun prego por valor de 187.000 euros ao ano, que é o que o Concello gasta en seguros. Por cuantía, os máis importantes son:

  • Responsabilidade civil (95.000 euros)
  • Vehículos (62.000 euros)
  • Responsabilidade patrimonial
  • Póliza de accidentes

A este concurso presentáronse sete empresas. E as que están mellor posicionadas son:

  • Artai Correduría de seguros
  • Willis Iberia
  • Aon, Gil y Carbajal