Cultura no Camiño oferta toda unha semana de actividades infantís na programación de verán

287

Coa última actuación do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra esta noite, a cargo de Virxilio da Silva Quinteto, a cidade xa se prepara para unha nova semana de festas de verán con propostas para todos os públicos.

Do luns ao domingo, a cidade poderá gozar do novidoso programa Cultura no Camiño con actividades para nenos, das festas de Santiaguiño, de Cinema na Lúa e tamén do Festixeve, unha mostra de como as festas da cidade achéganse ao rural.

Cultura no Camiño

Cultura no Camiño é unha actividade pensada para nenos que abarcará distintos ámbitos artísticos: teatro, música e xogos infantís. Terá como centro de operacións a praza do Teucro que será dos máis novos a partir das 19.30 horas todos os días. A programación de Cultura no Camiño é:

  • Luns 20 de xullo: 19.30 h Teatro infantil: Ghazafelhos As mil e unha noites. Praza do Teucro
  • Martes 21 de xullo: 19.30 h Maxia infantil: A Illa dos Nenos. De troula en troula. Praza do Teucro
  • Mércores 22 de xullo: 19.30 h Teatro infantil: Pinga Teatro. O bufón do reino. Praza do Teucro
  • Xoves 23 de xullo: 19.30 h Música infantil: Troula Animación. Uxía a Lambona e a Banda Molona. Praza do Teucro
  • Venres 24 de xullo: 19.30 h Teatro infantil: Migallas Teatro. Pan e Millo: Vai a ser boa!. Praza do Teucro
  • Sábado 25 de xullo: 19.30 h Teatro infantil: Fantoches Baj. Rodarirrodari. Praza do Teucro
  • Domingo 26 de xullo: 19.30 h Xogos infantís: Paporrubio. Paporrubio. Praza do Teucro

Cinema na lúa      

O mércores tamén arranca o xa tradicional programa Cinema na Lúa que será todas as noites, até o domingo, na praza da Pedreira. A programación será a seguinte:

  • Mércores, 22 de xullo: Her. Ciencia ficción
  • Xoves, 23 de xullo: El gran hotel Budapest. Comedia
  • Venres, 24 de xullo: El alucinante mundo de Norman. Animación.
  • Sábado, 25 de xullo: Gru 2, mi villano favorito. Animación
  • Domingo, 26 de xullo: Vivir es fácil con los ojos cerrados. Comedia dramática.

Santiaguiño do Burgo    

Cara a fin de semana comezan as Festas de Santiaguiño do Burgo que se prolongarán de venres a domingo coa seguinte programación:

Venres 24 de xullo

  • 11.30 h Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo do grupo Gaiteiros das Rías Baixas
  • 20.00 h Procesión polo barrio do Burgo para recoller as uvas e o millo, coa participación do grupo de gaitas Os de Algures
  • 22.30 h Verbena no recinto feiral: orquestras Manchester e Cosmos

Sábado 25 de xullo

  • 11.00 h XIX Maratón Popular Santiago Peregrino do Burgo
  • Saída da Ponte do Burgo, avenida de Domingo Fontán e A Xunqueira do Vao
  • 11.30 h Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo dos grupos Os de Algures e Gaiteiros das Rías Baixas.
  • 12.30 h Procesión e concerto da Banda Música de Pontevedra
  • 22.30 h Verbena no recinto feiral: Orquestras Avenida e Alaska
  • 24.00 h Fogos de artificio na beira do río (entre a Ponte do Burgo e a ponte de Santiago)
  • Domingo 26 de xullo
  • 11.30 h Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo do grupo de gaitas Gaiteiros das Rías Baixas
  • 20.00 h XVII Festa Homenaxe ás Persoas Maiores Os ChichisosTeatro Principal
  • 22.30 h Verbena no recinto feiral: Boys Machine e Kamelot

Festixeve 2015

Coincidindo co Santiaguiño, pero na parroquia de Xeve, voltará a celebrarse o Festixeve, no Campo de Vilar de Fragoso coa seguinte oferta de lecer:

Sábado, 25 de xullo

  • 18.00 a 22.30 h Inchables
  • 22.00 h Amigos do Acordeón das Rías Baixas, Banda Baile Asalto Foula, Festicultores Troupe

Domingo 26 de xullo

  • 16.00 a 21.00 h Inchables
  • 17.00 h Actuación de Olodum do Coio, Charanga Os Encerellados de Campo Lameiro.