A Festa da Orella, cita obrigada do calendario gastronómico pontevedrés

138

Van dez anos. A Festa da Orella de Lérez é un evento consolidado que este ano coincidirá, por mor dos adversos meteorolóxicos, co Entroido. A cita é o próximo domingo, 21 de febreiro, a partir das 12.30 horas no aparcamento da igrexa de Lérez.

A asociación de veciños San Bieito de Lérez -organizadora da festa en colaboración co Concello de Pontevedra- porá a disposición os asistentes 250 quilos de orella, arredor de 600-700 racións. A feira, en empanada, doce… haberá orella para todos os gustos.

Os prezos serán os mesmos do pasado ano: cazola de orella, 5 euros; empanada, 3 euros; orella doce, 0,50 euros a unidade; churrasco, 6 euros e lotes (orella, churrasco, empanada, orella doce, pan, bebida e café), 15 euros.

Miguel Vilacoba, presidente da asociación, subliña o éxito que supón a consolidación dunha aposta dos veciños que comezou hai 10 anos co fin de dinamizar a parroquia. Agora queren darlle un pulo co concurso de orellas, que naceu no 2014 e no que pretenden acadar nesta edición una vintena de concursantes.