Estamos coa limpeza e mantemento do paramento vertical do Pontillón

31

Operarios de Viaqua, e empresa concesionaria do servizo municipal de agua, están a limpar o paramento vertical do Pontillón do Castro. Unha actuación que comezou esta semana e que se inclúe no programa de mantemento do encoro.

Ditos traballos realízanse para prolongar a vida útil da presa e as súas instalacións, evitando que a vexetación a deteriore. A presa foi construída en cachotería granítica, polo que é necesario a limpeza periódica do paramento.

O paramento ten unha altura de 23 metros o que obriga a realizar os traballos especializados en altura con operarios que dispoñen de un alto nivel de adestramento e experiencia. A presa foi feita entre os anos 1943 e 1956 polo que e necesario ter un coidado especial na limpeza.

A presa do Pontillón do Castro é un encoro situado na parroquia de Verducido que fornece de auga potable á vila de Pontevedra. Nel tamén ten cabida a pista deportiva de piragüismo David Cal, unha instalación de referencia no Estado Español