Civis Global S.L.U. fará o saneamento de Mourente

28

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación á empresa Civis Global S.L.U. a adxudicación do saneamento de Mourente por 880.787 euros. Con esta adxudicación, a empresa terá que realizar o saneamento nuns 5 quilómetros da parroquia -paralelos á estrada xeral de Ourense- para atender a unas 190 vivendas, e 852 metros de augas pluviais.

A empresa tamén executará as dúas melloras que inclúe o proxecto: a execución paralela da rede de abastecemento de auga por valor de 185.682 euros; e completar a rede de sumidoiros no lugar de Leirados (Bora) por 98.468 euros.

O inicio das obras é inminente, unha vez que a empresa adxudicataria asina o contrato. O prazo de execución desta parte do saneamento de Mourente é de 9 meses.