Melloraremos a seguridade e mobilidade peonil e rodada no Xistro (Salcedo)

69
  • Actuarase no vial que chega desde A Ruibal, que no seu percorrido ten dúas pontes sobre a autoestrada
  • Nas dúas pontes se vai a reducir a plataforma de circulación (de 8 a 6,5 metros) e a ampliar os pasos peonís (hoxe de 1 metro a cada lado) que pasarán a ser sendas de 1,5 e 2,5
  • Mellorar a seguridade e mobilidade peonil e rodada, obxectivo do proxecto xa aprobado pola Xunta de Goberno Local

O concelleiro delegado da parroquia de Salcedo, Alberto Oubiña deu conta hoxe do proxecto de mellora da seguridade e mobilidade do tramo do vial que vai desde Mollavao pola Ruibal ata o zona de O Xistro. Un tramo viario -2ª parte desde Estrigueiras- que inclúe dúas pontes que pasan por riba da autoestrada.

Trátase dunha obra, incluída no convenio de colaboración coa Deputación, que terá un custe de 240.800 euros.

O concelleiro delegado de Salcedo explicou que a  actuación ten como obxectivo “mellorar a seguridade peonil e rodada” polo que instalarán medidas de calmado de tráfico (lombos), e ampliarán as sendas peonís laterais nas pontes as que ademais dotaranse de novos sistemas de protección (varanda exterior e separación do carril).

Segundo a información dada polo concelleiro Alberto Oubiña, hoxe en día as persoas que cruzan camiñando as pontes -que teñen unha calzada de 8 metros- fano por pasos peonís de 1 metro de ancho, que se lle descontamos o que ocupa a valado, quedan en arredor de 60 cm útiles para o paso. Após da reforma prevista pasarán a ser sendas de 1,5 metros e 2,5 metros (a cada lado), mentres que o espazo da calzada quedará reducido a 6,50 metros.

“O noso obxectivo é que as persoas podan circular cómodas e seguras” subliñou o concelleiro de Salcedo.

O proxecto foi aprobado na última Xunta de Goberno Local. Paralelamente os servizos técnicos municipais están tramitando os permisos preceptivos á Deputación e a Fomento xa que o vial, toca nun caso e sóbrevola noutro, estradas das dúas administracións.