Entusiasmo pontevedrés en Odense

12

    • Lores: “Nada podía saír mellor”.
    • Míguez: “Emoción inmensa”.
    • Silva: “Orgullo de provincia”.
    • A delegación galega celebra o triunfo de Dapena en Longa Distancia como colofón dunha operación redonda.

“Ter o privilexio de que nos arroupasen tanto onte o pentacampión do mundo, Javier Gómez Noya, como o campión mundial deste ano da longa distancia, Pablo Dapena, e que os dous vivan na nosa cidade, fan desta presentación danesa do Multisport 2019 unha operación redonda. Nada podía saír mellor”. Son palabras do alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, que viviu man con man coa presidenta da Deputación, Carmela Silva e a Secretaria Xeral para o deporte da Xunta, Marta Míguez.

Xunto a elas atopábanse os máximos representantes do triatlón mundial, Marisol Casado; español, José Hidalgo e galego, Óscar Surís, que festexaron con entusiasmo o trunfo do pontevedrés.

A máxima autoridade do deporte autonómico, Marta Míguez, quixo salientar o posicionamento que Dapena logra para o deporte galego e pontevedrés: “A emoción inmensa q me provoca ver cruzar a meta no campionato do mundo, en primeiro lugar,  a un galego como Pablo, faime lembrar todos os momentos superados, as horas de traballo a superación das lesións, a resiliencia, as dúbidas, o compromiso… todo ao q un deportista galego de alto rendemento se ten q enfrentar cada día… e todo paga a pena. Os meus parabéns para Pablo, para o seu equipo e para o seu entorno e todas as persoas q o acompañan no bo camiño da excelencia deportiva”.

Para a presidenta da Deputación, Carmela Silva, supuxo un privilexio poder celebrar o trunfo: “Hoxe tivemos a enorme alegría de poder vivir en primeira persoa como Pablo lograba ser o campión do mundo no ITU multisport world. Emoción por poder dicir que somos unha provincia de elite no deporte e parabéns a un gran deportista que hoxe fixo que nos sentísemos moi orgullosos de este territorio no que vivimos. No 2019 seremos a gran referencia e teremos os sorte de que os mais grandes son os nosos”. “Orgullo de provincia”, sentenciou a presidenta.

En canto ao alcalde da cidade, Lores destacou a enorme contribución á visibilidade que se logra con este trunfo de Dapena, un deportista que xa antes de vir aquí nomeamos embaixador do Multisport do próximo ano e que nos deu unha enorme alegría no día de hoxe. Quero felicitalo en nome dos veciños e veciñas de Pontevedra e agradecerlle todo o que fai por este deporte de heróis. O esforzo de máis de cinco horas de natación, bici e carreira é unha cousa de titáns. Moi moi grande, Pablo Dapena”.