Lores convidado a Andorra la Vella para coñecer a transformación da cidade baseada no modelo Pontevedra

284

O alcalde de Pontevedra,  Miguel Anxo Fernández Lores remitiu esta mañá unha carta á alcaldesa de Andorra la Vella, Conxita Marsol Riart, en contestación a unha misiva previa da rexedora, na que lle convida a viaxar á capital andorrana para coñecer os cambios no espazo urbano da cidade realizados despois da visita que a alcaldesa e o seu equipo realizaron a Pontevedra en marzo de 2017.

A rexedora explícalle que dende aquela, o equipo de goberno de Andorra la Vella realizou cambios na rúa principal que atravesa a cidade, carrer Meritxel, dándolle preferencia aos peóns e mellorando a calidade de vida dos residentes, así como das rúas lindeiras. O proxecto de Andorra continuará adiante por outros barrios.

Lores recolle o convite de Conxita Marsol para unha futura visita á capital andorra e anímaa a que continúe co impulso político que lle levou a cambiar a vida dos seus veciños e veciñas.