A final dos Xogos Efecto PO2 terá lugar o sábado na praza do Concello

31
  • Os equipos gañadores das xornadas celebradas en cinco barrios o pasado sábado, amosarán a súas habilidades en novas ‘disciplinas’.

‘Xogos na rúa’ Efecto PO2 celebrará a súa gran final  (adiada a pasada semana a causa das previsión meteorolóxicas) o vindeiro sábado 26 de Xuño, de 11.00 a 13.00 horas, na praza do Concello.

Os equipos gañadores das xornadas celebradas en cinco barrios o pasado sábado, amosarán a súas habilidades en novas ‘disciplinas’, como a argola no tallo, colleita de mazarocas e esquís familiares e repetirán no xogo da corda. Cada un dos equipos participantes levará o nome do barrio no que competiu na xornada anterior, Monte Porreiro, O Burgo, Pontevedra Leste, O Gorgullón e Campolongo. 

Na xornada do sábado 19 participaran 40 familias, entre as que se contabilizaran total de 61 nenos e nenas menores de 12 anos. Naquela primeira xornada, os equipos formados por crianzas e maiores competiran amosando a súa habilidade ao redor de xogos tradicionais e colaborativos como o peletre, o tres en raia, a corda, o pano, e a colleita de mazarocas.

‘Xogos na rúa’ Efecto PO2 é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, co obxecto de convidar á veciñanza a ocupar o espazo público dunha maneira lúdica e participativa, e enfocándoa especialmente a público familiar e a fomentar a participación interxeneracional.

Equipos gañadadores que competirán na final (por barrios):

Monte Porreiro

Alexandre Pichel Blanco (11 anos)

Inés Blanco

O Burgo

Alba Pérez Costas (7 anos)

Bruno Pérez Costas (3  anos)

Gabino Pérez Romero

Vanesa Costas García 

Campolongo

Daniella Otero Asorey (7 anos)

Iago Otero Asorey (3 anos)

Iria Asorey Veiga

César Otero Rodríguez

O Gorgullón

Eloy Barreiro Loira (10 anos)

Adrián Cabaleiro Couso (9 anos)

Carles Castillo Sardá

Pontevedra- Leste

Bianca Ingrassia Sinopoli (5 anos)

Melina Ileana Sinopoli Buceta

Hernán Maximiliano Ingrassia Farache