O alcalde de Elda define a Pontevedra como unha referencia e unha cidade que sirve de inspiración a varios niveis

1
O alcalde da Boa Vila agradeceu o interese amosado polo seu homólogo en vir coñecer a cidade e lembra a importancia de construír cidades pensadas para a veciñanza
O rexedor visitante amosou especial interese na idea da convivencia sa e total entre a parte motorizada coa bicicleta e os peóns fronte a criminalización dos vehículos

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o alcalde de Elda, Rubén Alfaro, mantiveron esta mañá de xoves, 18 de novembro, unha reunión de achegamento e aproximación entre os dos municipios. Alfaro chegou onte á Boa Vila coa idea de coñecer o modelo de cidade e o modelo urbanístico, multipremiado a nivel internacional, e buscar inspiración para aplicacións prácticas na vila que rexenta.

Nun encontro tranquilo e amable, o alcalde de Pontevedra trasladou e trato de aportar algunhas consideracións a maiores das que xa descubrira a delegación de Elda o pasado mércores, logo de recibiren unha exposición técnica da man do director xeral de Urbanismo, Xosé Manuel Tato, e de realizar un paseo pola cidade xunto cos concelleiros César Mosquera e Demetrio Gómez.

«O alcalde e o seu equipo viñeron coñecer o modelo de Pontevedra, pois viven e gobernan nunca cidade moi semellante á nosa no número de habitantes, unha cidade compacta, e tiñan interese en ver como fomos facendo para sermos unha referencia internacional de modelo urbano pensado para as persoas», comentou o alcalde na rolda de prensa conxunta que realizaron esta mañá. «Nós estamos encantados de poder servir de referencia, de intentar dar inspiración á hora de construír cidades máis atractivas, pensadas para os veciños e veciñas».

O alcalde de Elda, Rubén Alfaro, tamén presidente da Federación Valenciana de Municipios e Provincias, sinalou publicamente o seu agradecemento á cidade de Pontevedra e o Concello por acollelo e por permitir todas as facilidades posíbeis. «Nosotros pusimos en el mapa Pontevedra, como una ciudad en la que podríamos fijarnos, al estar en pleno proceso de toma de decisiones para hacer una ciudad más humana, con más calidad humana. Quizás la gente que vive aquí vea Pontevedra con los ojos de la costumbre, de la tradición del día a día, pero yo puedo decirles que esta es una ciudad diseñada para las personas, y eso es fundamental. Creo que hoy en día los políticos tenemos que plantear alternativas y modelos de ciudad que pongan a las personas en el eje de todas las políticas. Pontevedra lo hace así», comentó Alfaro.

«Creo que no es casualidad que el propio alcalde sea el presidente de las Ciudades que Caminan, que me parece un valor añadido que tiene el Concello y la ciudad de Pontevedra», señaló el alcalde eldense. «Es muy interesante el control del tráfico realizado sin criminalizar al vehículo, cosa que hemos aprendido aquí, esa convivencia entre la parte motorizada con el peatón y la bicicleta. Solo puedo animar al alcalde a que siga con esta idea, y que nos sirva a otros alcaldes de inspiración, a esas ciudades que no estamos en esta liga, pero que aspiramos a estar en ella, en la liga de la comodidad, de la accesibilidad universal, de la humanización y, en definitiva, en el de poner a las personas en el centro de las políticas».