O Nadal prepárase para desembarcar na cidade cunha morea de talleres e actividades de lecer, unha pista de karts e a presenza de Papá Noel

729
  • O programa de Promoción Económica estenderase por Raíña Vitoria, Galerías Oliva, A Parda, Campolongo, Monte Porreiro, Ponte Sampaio, Verducido, Lérez, Cerponzóns e Xeve
  • Entre as accións inclúense pasarrúas protagonizados por Faunos de Xeo, Papá Noel con trineo, Christmas Cars, Christmas Trees e outros seres extraordinarios de Pablo Mèndez
  • Todos aqueles que merquen no comercio local poderán subir ao Tren do Nadal e aos karts, así como degustar deliciosos churros de balde, ensinando os seus tíckets de compra

O Nadal prepárase para desembarcar en Pontevedra cunha verdadeira explosión de talleres e actividades de lecer  infantil para tódolos gustos que terán como epicentro a avenida Raíña Vitoria e o seu contorno e cuxa onda expansiva se estenderá polas Galerías Oliva, os barrios de A Parda, Campolongo e Monte Porreiro e as parroquias de Ponte Sampaio, Verducido, Lérez, Cerponzóns e Santo André de Xeve. O programa deseñado para estas datas de ilusión e ledicia pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco, inclúe pasarrúas por diversas zonas da cidade protagonizados por Papá Noel co seu trineo, Faunos de Xeo, Christmas Cars, Christmas Trees e outros seres extraordinarios da compañía de performances de Pablo Mèndez.

Ademais, todos os que merquen no comercio local poderán desfrutar do flamante Tren do Nadal (en funcionamento desde hoxe) e da pista de karts que se instalará en Raíña Vitoria, e mesmo degustar churros de balde, ensinando os correspondentes tíckets de compra. Segundo avanzou Yoya Blanco, que presentou as iniciativas de lecer e dinamización do Nadal de 2021 coincidindo coa estrea da espectacular decoración do Mercado de Abastos, “os cidadáns que se acheguen até Raíña Vitoria entre o venres 17 de decembro e o domingo 9 de xaneiro poderán atoparse cunha enorme carpa e unha pista de karts de Ponte Xogos, interesantísimos talleres de cultura e deportes urbanos impartidos pola Urban Culture Factory e unha variada oferta de xogos, inchables, exhibicións e obradoiros de cociña creativa, maquillaxe de fantasía, estampado de bolsas, chapas de Nadal, ciencia divertida, globoflexia, manualidades, decoración, contos de Nadal, debuxo, zumba, bailes de Tik Tok, paracaídas, relevos, collage ou tatuaxes, así como, por suposto, de elaboración de cartas para Pai Natal e os Reis Magos”.

As actividades de Ponte Xogos en Raíña Vitoria darán comezo o 17 de decembro pola tarde, desenvolvéndose o resto de días en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, con excepción do 20 e o 21 de decembro (días nos que o recinto permanecerá pechado pola mañá), o 25 de decembro e 1 de xaneiro (nos que non se celebrarán actividades) e o 5 e 6 de xaneiro (non funcionarán en horario de tarde e de mañá, respectivamente). No que atinxe aos talleres de cultura e deportes urbanos, terán lugar en Raíña Vitoria e nas instalacións da Urban Culture Factory entre os días 18 de decembro e 9 de xaneiro (con excepción do 25 de decembro, o 1 de xaneiro e as mañás dos días 17, 20 e 21 de decembro) e centraranse en disciplinas en auxe como o skateboarding, o surfskate, o baile urbano, o sup ioga… Especialmente pensadas para rapaces de entre 5 e 16 anos.

“Serán tres talleres diarios distintos de nivel iniciación para cada actividade, cun máximo de cinco asistentes por taller, incluíndo Iniciación ao Skateboarding, ‘Quero ser un Jedi’, Graffiti para Nenxs, Iniciación ao Ioga para Nenxs e Baile Urbano. A Urban porá á nosa disposición o seu skatepark cuberto no número 44 da avenida das Corvaceiras, así como 12 skates de diferentes medidas e equipos de protección (cascos, xeonlleiras e codeiras). Para actividade de graffiti contaremos coa colaboración do graffiteiro O’Ras. As actividades de ioga, baile urbano, surfskate e indoorboard e ‘Quero ser un Jedai’ desenvolveranse no interior da carpa instalada en Raíña Vitoria”, precisou Yoya Blanco.

A concelleira de Promoción Económica aclarou que “obviamente todas estas actividades serán de balde, ao igual que o Tren do Nadal, os karts e os deliciosos churros de Galiano, que desfrutarse por aqueles que teñan mercado antes no comercio local e que presenten os seus tíckets de compra para trocalos por viaxes, carreiras ou churros”. Tal e como subliñou a edil do PSOE, “Ponte Xogos tamén despregará un máxico e suxestivo programa de actividades de lecer infantil de Nadal, con obradoiros creativos, nas Galerías da Oliva e nos barrios da Parda, Monte Porreiro e Campolongo”.

O Nadal nas Galerías celebraríase os días 22, 23, 24, 27, 28 e 29 de decembro en horario de 17:00 a 19:00 horas, con tres obradoiros diarios destinados a nenos e nenas a partir de 3 anos e actividades específicas do Pai Natal (22, 23 e 24 de decembro), cun máximo de 10 rapaces. A iniciativa Os Barrios do Nadal terá lugar o 30 de decembro na Parda, o 3 de xaneiro en Monte Porreiro e 4 de xaneiro en Campolongo, en horario de 16:00 a 20:00 horas, contando cada día con seis talleres para nenos a partir de tres anos máis as actividades específicas do Pai Natal ou dalgunha personaxe máxica do Nadal.

Elfos pintores, renos e camelos lambóns, calcetíns máxicos

Entre os obradoiros previstos nas Galerías e nos barrios figuran ‘O bosque dos Elfos e das Elfas pintores’, un Photocall-obradoiro de Nadal para fotografarse con personaxes do Nadal e elaborar divertidos imáns con estas imaxes, o taller Ecoadornos (onde se elaborarán copos, bonecos de neve, árbores… con cortiza e materiais de reciclaxe), ‘O establo dos renos/camelos lambóns’, ‘A texeduría dos calcetíns máxicos’, ‘A fábrica dos xoguetes’ e, como non podía ser doutro xeito, as visitas de Pai Natal e dos Reis de Oriente, que recollerán cartas e mensaxes dos nenos e nenas que acheguen (ademais de recibir un doce como adianto aos agardados agasallos). “Contamos cunha carpa móbil e mesas plegables, así como cun equipo de música, para levar o bo ambiente e a ledicia aos nosos barrios”, afirmou a concelleira de Promoción Económica.

Yoya Blanco apuntou que “como vén sendo habitual nas iniciativas desta Concellería, o Nadal 2021 tamén vai chegar ás parroquias, estando previstos obradoiros de Ponte Xogos en Ponte Sampaio, Verducido, Lérez, San Andrés de Xeve e Cerponzóns”. 

“Non podían faltar nestas festas os pasarrúas de dinamización a cargo da compañía de Pablo Mèndez, que por moito que os desfrutemos, sempre nos deixan abraiados, coa boca aberta. O día 22 de decembro os Faunos de Xeo percorrerán o barrio da Parda e Papá Noel estará co seu trineo no contorno da Praza de España, mentres que o 28 de decembro teremos aos Christmas Cars na Praza de España, a zona da rúa Cruz Vermella e o barrio do Burgo e o 30 de decembro os Christmas Trees encherán de cor e animación as rúas de Campolongo”, indicou Blanco.

As datas ineludibles que os máis pequenos deben apuntar na axenda para facerlle chegar os seus desexos a Pai Natal son o 21, 22 e 23 de decembro, nos que Santa estará na avenida Raíña Vitoria recén chegado de Laponia e acompañado de dous elfos e máis un fotógrafo para coñecer á rapazada pontevedresa, recoller as cartas cos seus desexos e sacar unha instantánea dese inesquecible momento (o 21, entre as 16:00 e as 21:00 horas, e o 22 e o 23 de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas).

As actividades de Ponte Xogos en Raíña Vitoria terán o seguinte cronograma:

➢ DÍA 17 DECEMBRO: 

PECHADO EN HORARIO DE MAÑÁ

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Cociña creativa. Árbore de Nadal con pan de pita – Taller de Fieltro; Zona actividades 2: Taller de Colga mascarillas – Taller de Hama Beads; Zona actividades 3: Bota navideña – Debuxos navideños; Zona actividades 4: Maquillaxe de fantasía; Inchable. 

➢ DÍA 18 DECEMBRO: 

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Manualidade árbore de Nadal; Zona actividades 2: Grilandas navideñas; Zona actividades 3: Chapas navideñas; Zona actividades 4: Tatuaxes purpurina; Inchable.

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Manualidade árbore de Nadal – Decoración velas navideñas; Zona actividades 2: Grilandas navideñas – Exhibición Club Ximnasia Rítmica Pontus Veteris (18 a 19 horas); Zona actividades 3: Chapas navideñas – Collage do Nadal; Zona actividades 4: Tatuaxes purpurina; Inchable. 

➢ DÍA 19 DECEMBRO: 

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Cociña creativa: Piruletas de Pizzas; Zona actividades 2: Customizamos a nosa camiseta (traer camiseta); Zona actividades 3: Reno navideño; Zona actividades 4: Abalorios; Inchable.

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Cociña creativa: Piruletas de Pizzas – Postais navideñas; Zona actividades 2: Customizamos a nosa camiseta (traer camiseta) – Chapas imán navideñas; Zona actividades 3: Reno navidaño – Abalorios; Zona actividades 4: Globoflexia; Inchable.

➢ DÍA 20 DECEMBRO: 

PECHADO EN HORARIO DE MAÑÁ

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Cociña creativa: Sandwiches de Nadal con forma de árbore – Manualidade para a mesa de Nadal; Zona actividades 2: Taller de ceras de cores (moldes de silicona) – Taller Fieltro; Zona actividades 3: Bonecos navideños con pinzas de madeira – Debuxos do Nadal; Zona actividades 4: Manicura do nadal; Inchable. 

➢ DÍA 21 DECEMBRO: 

PECHADO EN HORARIO DE MAÑÁ

16 a 20 horas: Apoio a Papá Noel; Zona actividades 3: Xogos de paracaídas – xogos predeportivos; Zona actividades 4: Servilleteiro de Papá Noel – Postais do Nadal; Inchable.

➢ DÍA 22 DECEMBRO: 

11 a 13 horas: Apoio a Papá Noel; Zona actividades 3: Árbores con piñas – Grilandas para a árbore; Zona actividades 4: Globoflexia – Maquillaxe fantasía; Inchable. 

16 a 20 horas: Apoio a Papá Noel; Zona actividades 3: Árbores con piñas – Grilandas para a árbore; Zona actividades 4: Globoflexia – Maquillaxe fantasía; Inchable. 

➢ DÍA 23 DECEMBRO: 

11 a 13 horas: Apoio a Papá Noel; Zona actividades 3: Carta a Papá Noel; Zona actividades 4: Tatuaxes purpurina; Inchable.

16 a 20 horas: Apoio a Papá Noel; Zona actividades 3: Carta Papá Noel – Debuxos de Papá Noel; Zona actividades 4: Tatuaxes purpurina – Manicura do Nadal; Inchable.

➢ DÍA 24 DECEMBRO: 

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Cociña creativa: decoramos galletas de xenxibre; Zona actividades 2: Ciencia divertida: Pócimas máxicas; Zona actividades 3: Contos navideños; Zona actividades 4: Debuxos do Nadal; Inchable.

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Cociña creativa: decoramos galletas de xenxibre – Pulseiras de abalorios – Reno; Zona actividades 2: Ciencia Divertida: Pócimas máxicas – Manualidades: Servilleteiro; Zona actividades 3: Contos navideños – Debuxos navideños; Zona actividades 4: Globoflexia – Maquillaxe fantasía; Inchable.

  • ➢DÍA 25 DECEMBRO: PECHADO

➢ DÍA 26 DECEMBRO: 

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Taller estampado de bolsas de tela; Zona actividades 2: Taller Slime; Zona actividades 3: Chapas navideñas ; Zona actividades 4: Pulseiras de abalorios; Inchable.

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Taller Estampado de bolsas de tela – Pintamos murais xigantes; Zona actividades 2: Taller Slime – Bingo Navideño; Zona actividades 3: Chapas navideñas – Pulseiras de abalorios; Zona actividades 4: Xogos predeportivos – xogos relevos; Inchable. 

➢ DÍA 27 DECEMBRO: 

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Xogos Musicais; Zona actividades 2: Cociña creativa: Pan de pizza; Zona actividades 3: Boneco navideño; Zona actividades 4: Maquillaxe de fantasía; Inchable.

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Cociña creativa: Pan de pizza – Ciencia divertida: Fabricamos neve; Zona actividades 2: Animación e xogos musicais – Exhibición do Club Ximnasia Rítmica Pontus Veteris (18 a 19 horas); Zona actividades 3: Boneco navideño – Manualidades: estrela de Nadal; Zona actividades 4: Maquillaxe de fantasía – tatuaxes de purpurina. 

➢ DÍA 28 DECEMBRO: 

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Ciencia divertida: Fabricamos neve; Zona actividades 2: Manualidade Santos Inocentes; Zona actividades 3: Manualidade Nadal con ovoeiras – Manualidade con cartón; Zona actividades 4: Manicura Nadal – Globoflexia; Inchable. 

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Pizza de Nocilla con fruta – Sesión música e bailes Tik Tok; Zona actividades 2: Manualidade Santos Inocentes – Taller de Zumba (18 a 19 horas); Zona actividades 3: Manualidade Nadal con ovoeiras – Manualidade con cartón; Zona actividades 4: Manicura Nadal – Globoflexia; Inchable. 

  • ➢DÍA 29 DECEMBRO:

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Pizza de Nocilla con fruta; Zona actividades 2: Sesión música e bailes Tik Tok; Zona actividades 3: Manualidade anxos navideños; Zona actividades 4: Maquillaxe fantasía; Inchable. 

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Manualidade Pop Art (con palomitas de maíz) – Manualidad botes cristal; Zona actividades 2: Xogos musicais – Sesión música e bailes Tik Tok; Zona actividades 3: Manualidade anxos navideños – Xogos paracaídas; Zona actividades 4: Maquillaxe fantasía – Tatuaxes fantasía; Inchable. 

➢ DÍA 30 DECEMBRO: 

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Mini coroa de Nadal con caramelos en celofán; Zona actividades 2: Manualidade Pop Art (con palomitas de maíz); Zona actividades 3: Manualidade botes cristal; Zona actividades 4: Manualidade Duende navideño; Inchable. 

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Marshmalows Pop – Farolillos con botes de cristal; Zona actividades 2: Mini coroa de Nadal con caramelos en celofán – Manualidade botes cristal; Zona actividades 3: Manualidade Duende navideño – Manualidade con la; Zona actividades 4: Globoflexia – manicura de Nadal; Inchable. 

➢ DÍA 31 DECEMBRO: 

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Música e sesión discoteca – Badaladas de Fin de Ano ás 12 horas; Zona actividades 2: Música e sesión discoteca – Badaladas de Fin de Ano ás 12 horas; Zona actividades 3: Maquillaxe de fantasía; Zona actividades 4: Tatuaxes purpurina; Inchable.

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Marshmalows Pop – Farolillos con botes de cristal; Zona actividades 2: Manualidade Gafas de Fin de Ano – Manualidade gorro de Fin de Ano; Zona actividades 3: Xogos de paracaídas – circuíto de xogos de relevos; Zona actividades 4: Tatuaxes de purpurina – Maquillaxe fantasía; Inchable. 

➢ DÍA 01 XANEIRO: PECHADO

➢ DÍA 02 XANEIRO:

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Marshmalows Pop; Zona actividades 2: Taller de Fieltro; Zona actividades 3: Carta Reis Magos; Zona actividades 4: Taller abalorios; Inchable. 

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Taller de Fieltro – Taller de Farolillos de cristal; Zona actividades 2: Animación e probas musicais – Exhibición Club Ximnasia Rítmica Pontus Veteris (18 a 19 horas); Zona actividades 3: Carta Reis Magos – Debuxos dos Reis Magos; Zona actividades 4: Globoflexia – Pintado de uñas; Inchable. 

➢ DÍA 03 XANEIRO: 

11a 13 horas: Zona Actividades 1: Taller de Farolillos de cristal; Zona actividades 2: Taller de Hama Beads; Zona actividades 3: Manualidade Reis Magos con paus de madeira; Zona actividades 4: Maquillaxe de fantasía; Inchable. 

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Decoración botellas navideñas – Taller de Hama Beads; Zona actividades 2: Xogos de paracaídas – Xogos de relevos; Zona actividades 3: Manualidade Reis Magos con paus de madeira – Debuxos dos Reis Magos; Zona actividades 4: Maquillaxe de fantasía – Tatuaxes de purpurina; Inchable.

➢ DÍA 04 XANEIRO: 

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Botella cristal reno con caramelos; Zona actividades 2: Manualidade Reis Magos con algodón; Zona actividades 3: Carta aos Reis Magos; Zona actividades 4: Globoflexia; Inchable.

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Botella cristal reno con caramelos – Manualidade Reis Magos con algodón; Zona actividades 2: Animación e xogos musicais -Taller de Zumba (18 a 19 horas); Zona actividades 3: Carta aos Reis Magos – Debuxos dos Reis Magos; Zona actividades 4: Globoflexia – Pintado de uñas; Inchable. 

➢ DÍA 05 XANEIRO: 

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Visita do Paxe Real; Zona actividades 2: Carta aos Reis Magos; Zona actividades 3: Contacontos da noite de Reis; Zona actividades 4: Abalorios; Inchable. 

16 a 20 horas: PECHADO


➢ DÍA 06 XANEIRO: 

11 a 13 horas: PECHADO

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Xogos de paracaídas – Xogos de relevos; Zona actividades 2: Manualidade con la – Bonecos de la; Zona actividades 3: Servilleteiro Reno – Collage de debuxos do inverno; Zona actividades 4: Maquillaxe de fantasía – Tatuaxes de fantasía; Inchable. 

➢ DÍA 07 XANEIRO: 

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Bingo navideño; Zona actividades 2: Manualidade con pinzas; Zona actividades 3: Collage Oso Polar; Zona actividades 4: Globoflexia; Inchable. 

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Bingo navideño – Manualidade con cartón; Zona actividades 2: Manualidade con pinzas – Cienca divertida: Lámpada de lava; Zona actividades 3: Collage Oso Polar – Coloreamos a Olaf; Zona actividades 4: Globoflexia – Pintado de uñas; Inchable. 

➢ DÍA 08 XANEIRO: 

11 a 13 horas: Zona Actividades 1: Coloreamos a Olaf; Zona actividades 2: Cienca divertida: Lámpada de lava; Zona actividades 3: Manualidade con cartón; Zona actividades 4: Maquillaxe fantasía; Inchable. 

16 a 20 horas: Zona actividades 1: Taller de pulseiras – Colga mascarillas con abalorios; Zona actividades 2: Taller de manualidade con grans de café – Manualidade Xogos de mesa; Zona actividades 3: Manualidade Pop Art (palomitas de maíz) – Debuxos para colorear; Zona actividades 4: Maquillaxe fantasía – Tatuaxes de purpurina; Inchable.