Yoya Blanco inaugura a intervención lumínica efémera ‘Linguaxes’ acompañada polos comerciantes da rúa San Román

12

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, inaugurou esta tarde na rúa San Román a intervención lumínica efémera ‘Linguaxes. O mundo das letras impulsoras de linguaxes’. Creada polos comerciantes desta rúa en colaboración coa plataforma cultural O Sanatorio e a Concellería de Promoción Económica e Turismo, a exposición quedará instalada durante un mes, ata o vindeiro 17 de xaneiro, e terá como principal atractivo a exploración da cidadanía a través das luces de neón.


Trátase dunha intervención efémera realizada a través do comercio local, xerada por emprendedores que compoñen de principio a fin a rúa San Román. A finalidade é incrementar a súa visibilidade mediante a luz.