O alcalde satisfeito polo apoio do Consello de Universidades ás titulacións de Deseño e Xestión pública

6
Alcaldía e Universidade negocian a modificación do Convenio da cesión da parcela de Tafisa  para a construción dun edificio máis pequeno para Deseño e o máster de Moda

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores expresou esta mañá a súa satisfacción polas novas titulacións de deseño e de xestión pública para o campus “que veñen a incrementar o número de alumnos e as facultades”. Indicou que “xa manifestamos o noso apoio en 2019 e agardamos que o aprobe o Consello da Xunta, que é o único trámite que falta”.

Fernández Lores confirmou que a Alcaldía e a Universidade de Vigo están xestionando o cambio do convenio asinado no seu día polo cal o Concello cedeu á Universidade de Vigo unha parcela en Tafisa para a construción do edificio das Artes, que acollería a titulación de Belas Artes.

Dende o Concello xa se manifestou que non habería problema no cambio do convenio para a construción dunha edificación máis pequena que resolvera os problemas de espazo do máster de deseño de moda e a nova titulación de deseño. A intención da Universidade é manter a titulación de Belas Artes na súa actual situación (antigo cuartel de San Fernando).