O Concello concede unha nova licenza na parcela de Tafisa para edificar 166 licenzas

229
Concedidas licenzas de derrube nun edificio na rúa da Barca e outro na rúa Virxe do Camiño. 

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra vén de conceder licenza de construción a un novo edificio da promotora Metrovacesa na parcela de Tafisa. Trataríase dunha edificación en forma de U de 166 viviendas nun inmoble de baixo máis seis alturas e aproveitamento baixocuberta.

Este novo edificio construiríase a continuación dos dous actuais levantados por Metrovacesa ao carón do Lérez e continuando a liña do río. A parcela ten unha superficie de 16.590 metros cadrados, sen contar os tres sotos que se empregarán para estacionamento máis rochos.

O custe desta construción é de 16.436.007,42 euros.

Licenzas de demolición

Por outro lado, o Concello vén de conceder licenza de demolición de dous edificios na cidade. Un atópase ao final da rúa da Barca. Na actualidade atópase valado porque eran continuas as caídas de tellas e cascoques que causaban danos na rúa e perigo aos peóns.

A propiedade solicitou a demolición do edificio, o que supón unha boa noticia para o Concello xa que eran reiteradas as peticións e denuncias por parte da veciñanza polo mal estado do edificio.

O Concello tamén concedeu licenza de demolición un edificio situado na entrada da rúa Virxe do Camiño.