Promoción Económica promove unhas Xornadas Gastroirlandesas para celebrar San Patricio no Gastroespazo do Mercado de Abastos

27

Ademais de acoller unha cata comentada de cervexas artesás que terá lugar o xoves 17 en dúas sesións de tarde (ás 19:30 e ás 20:30 horas), o Mercado de Abastos celebrará nos vindeiros días unhas Xornadas Gastroirlandesas para conmemorar a festividade de San Patricio. Gastronomía e música irlandesas serán as protagonistas dunha programación deseñada pola Concellería de Promoción Económica que terá o Gastroespazo como escenario e que se desenvolverá entre o xoves 17 e o domingo 20 de marzo.


“Todos aqueles que pasen polo Mercado nestes días poderán degustar un menú especial, que incluirá pratos típicos como irish salmon, irish stew (estofado irlandés) e apple crumble (crocante de mazá), e cervexa a escape libre. Ademais, haberá ambientación con música irlandesa tódolos días e un concerto acústico do grupo Flip Corale o sábado 19 ás 13:00 horas”, explica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco.


Recoméndase reservar praza a través do email pontevedragastromercado@gmail.com