Promoción Económica abrirá o luns 28 de marzo o prazo para solicitar un posto de venda no tradicional Mercadillo das Palmas da Festividade de Ramos

28

A Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco, abrirá o luns 28 de marzo o prazo para solicitar un espazo de venda no tradicional Mercadillo das Palmas da Festividade de Ramos (día 10 de abril). Todas as persoas interesadas en instalar un posto en dita Feira, que se desenvolverá entre os días 8 e 9 de marzo nas inmediacións da rúa César Boente (no contorno da Praza Municipal), terán até o xoves 7 de abril para pasar pola oficina de Administración do Mercado de Abastos (situada no primeiro andar) e retirar a correspondente solicitude.