As asociacións e entidades de PonteSán e A Vida é Movernos conmemoran o Día Mundial da Saúde cun Almorzo Saudable e a lectura dun manifesto cun decálogo de suxestións e obxectivos para acadar o benestar integral das persoas

36

En plena recta final da organización do que será a III edición da Feira da Saúde e o Benestar ‘PonteSán’ e coincidindo coa conmemoración do 7 de abril, Día Mundial da Saúde, a Concellería de Deportes e Saúde celebrou esta mañá na terraza de El Cafetín un Almorzo Saudable con asociacións e entidades implicadas neste evento feiral e no programa A Vida é Movernos. O almorzo estivo presidido polo tenente de alcalde, o socialista Tino Fernández, e contou coa presenza representantes da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (Asem Galicia), Asociación de Celíacos, Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais (Asseii), Lía Brea (Danza & Movimiento), Fútbol a Pé, Cruz Vermella, Asociación de Petanca, Club Taekwondo Taekanart, Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (Alcer Pontevedra), Down Pontevedra Xuntos, Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes (Anedia), Liga Reumatolóxica Galega, Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo), Amencer-Aspace e Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam).


Tal e como sinalou Tino Fernández, a finalidade deste encontro foi a de “visibilizar a necesidade de manter hábitos de vida saudables e de coidarnos entre tod@s para mellorar a nosa calidade de vida”. O edil do PSOE asegurou que a súa Concellería ten este ano “unha especial fixación coa saúde mental”, xa que “a pandemia nos trouxo moitas cousas malas e unha delas foi a tristeza, a ansiedade, a depresión, a falta de gañas… E temos que loitar contra iso”.

“Un dos obxectivos desta III Feira da Saúde vai ser precisamente loitar contra a tristeza e por iso facemos cousas para vernos, para sentirnos ben, para botar unhas risas, socializar e empatizar. Temos preparadas algunhas novidades de cara a PonteSán e hoxe queriamos facer público un manifesto que recolle unha serie de puntos e unha visión de como debemos vivir a nosa vida para que sexa máis saudable e tamén todo o divertida que poida ser, porque a risa e a alegría son elementos fundamentais para manter a saúde”, salientou Fernández.


A lectura do manifesto polo Día Mundial da Saúde con este decálogo de suxestións e obxectivos para acadar o benestar integral das persoas, tanto a nivel físico como mental, foi protagonizado por Rosa Mª Rodríguez Moure, socia de Asseii desde os seus inicios, moi implicada pola súa grande amizade con Víctor Loira e incansable loitadora polos dereitos das persoas que padecen enfermidades inflamatorias intestinais.


Este é contido íntegro do manifesto: