O Concello proporá á veciñanza transformar a rúa Castañal en plataforma única

1

O concelleiro de Proxectos Urbanos, Demetrio Gómez, manterá esta tarde unha reunión na propia rúa para explicarlles a proposta municipal e recibir suxestións ao respecto do tráfico. 

O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez manterá esta tarde, ás 20.00 horas, un encontro coa veciñanza da rúa Castañal para presentarlles o proxecto de integración da rúa na reforma de todo o barrio, que está a piques de rematar. Trátase dunha actuación en superficie que manterá a estética e a coherencia coa zona recentemente reformada.

O concelleiro lembrou que hai uns meses mantivo unha asemblea na rúa para informarlles que sería obxecto de tratamento fóra do proxecto global do barrio porque neste caso non era preciso levantar servizos, dado que se atopan en bo estado..

O Concello vén de recibir o proxecto que consistirá na demolición das beirarrúas, na instalación dunha faixa de pedra nas fachadas dos edificios e a creación dunha plataforma única en asfaltado pulido, un material que non se ten empregado antes no modelo de cidade pero que o Concello está disposto a incorporar dado o seu bo mantemento e durabilidade.

A intervención completarase coa instalacións de mobiliario público. Respéctase a iluminación actual (con luminarias na fachada) xa que está cambiada a tecnoloxía led.

Na asemblea desta tarde, Demetrio Gómez consensuará cos veciños e veciñas o tráfico da rúa. Ao non interferir na mobilidade do barrio, as opcións serán diversas dende o tránsito restrinxido a residentes á posibilidade de manter circulación.

O investimento previsto é de 71.863,81 euros. Logo de incorporar as suxestións da asamblea, o Concello sacará a contratación do proxecto que se poderá iniciar nos vindeiros meses.