O atletismo prepárase para celebrar unha gran festa este mércores no CGTD

22

As instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra acollerán o vindeiro mércores 13 de xullo a VII Festa do Atletismo Galego, organizada polo Club Atletismo Rías Baixas en colaboración coa Concellería de Deportes, a Federación Galega de Atletismo e as firmas Dibay Eventos e Grupo Jim Sports. O evento, cuxo prazo de inscricións pecharase mañá (aínda poden realizarse a través do formulario web https://forms.gle/bv3YiwVmxgcZeSL27), incluirá probas de 200 metros valos, 150 metros lisos, lanzamento de martelo de 3 kilos, 1.000 metros, 1.500 metros obstáculos, 300 metros, salto de lonxitude, 600 metros e 4×200, en categorías masculina, feminina e mixta, absoluta e cadete/sub-16.


A competición dará comezo ás 18:45 horas e desenvolverase ata as 20:55 horas e haberá premios para os gañadores de cada proba. No lanzamento de martelo e no salto de lonxitude participarán un máximo de 16 atletas e, excepcionalmente, os equipos de remudas poderán estar integrados por atletas de diferentes clubs.