A Parda, centro dos zafarranchos de limpeza no mes de setembro

11

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada por Raimundo González, realizá nas vindeiras semanas varios zafarranchos de limpeza no barrio da Parda. Comezan este mesmo xoves polas rúas Marxua Mallo e Abundancia. Nas vindeiras semanas continuará polas rúas As Devesas, Soutos, Montes e Santa Teresa de Jesús Jornet.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende a tarde do mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello