Yoya Blanco entrega os carnés aos alumnos que completaron o curso de ‘Aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico’

20

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, achegouse esta mañá ata as instalacións da academia Ara Formación para facer entrega dos seus correspondentes carnés aos alumnos que completaron o curso de ‘Aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico’ impulsado polo seu departamento. A acción formativa, na que participaron oito persoas, abordou aspectos como as principais pragas e enfermidades que afectan aos cultivos e os danos que producen, a clasificación, etiquetado e fichas de datos de seguridade dos produtos fitosanitarios, os seus riscos para o medio ambiente, os métodos de control, a perigosidade para as persoas, o transporte e almacenaxe, os métodos e equipos de aplicación, os produtos ilegais e as infraccións, sancións e delitos.