Outono de Jazz, a nova proposta do Concello para achegar á música á rúa

49

A Concellaría de Festas en colaboración co Seminario Permanente de Jazz propoñen catro concertos nos meses de novembro e decembro que se celebrarán os sábados a partir das 12.30 horas na praza da Peregrina.

O primeiro concerto é este sábado, 19 de novembro a cargo de Manu Díaz Trio. 

O Concello de Pontevedra en colaboración co Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra estrean Outono de Jazz, un festival a pé de rúa que quere achegar o jazz e as músicas de fusión á cidadanía no mediodía dos sábados. As citas serán na praza da Peregrina a partir das 12.30 horas. En caso de chuvia trasladarase ao palco de música da Alameda.

O programa da Concellaría de Festas contará con artistas de proximidade e outros que nestas datas están proximos a esta cidade, referente do jazz no noroeste da península ibérica. Comeza este sábado, 19 de novembro coa actuación de Manu Díaz Trio.

Manu Díaz: guitarra Berto Rial : contrabaixo Rubén Iglesias: batería 

Manu Díaz Trío é unha banda formada por Rubén iglesias á batería, Berto Rial ao contrabaixo e Manu Díaz á Guitarra, todos eles formados no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. 

Este trío foi o encargado de abrir as Jams Sessions do bar Diaño dende octubre de 2019 ata marzo de 2020, ademáis tocaron no ciclo Jazz Na Rúa en Pontevedra no verán de 2020; tamén no 2020 e no 2021 tocaron no Festival de Jazz da Armenteira. 

Nas súas actuacións este trío busca achegarse ao público mesturando o jazz con diferentes estilos, como son o Hip Hop e o Rock, ademáis de tocar temas doutros estilos musicais con arranxos orixinais elaborados polos tres integrantes. 

Na actualidade están a traballar no seu primeiro traballo discográfico. 

Sábado 26 de Novembro Iago Fernández “Luzada”” 

Iago Fernández: batería José Pedro Coelho: saxo tenor Miguel Meirinhos: piano Demian Cabaud: contrabaixo 

Iago Fernández é un baterista que toca e compón como se estivese a escribir poesía. Non sorprende que o galego sexa chamado “drum poet” (poeta da batería), especialmente porque escribe poemas e pinta mundos visuais coloridos, para além da sua premiada batería. Nesta manifestación artística, Fernández explora o seu eu interior e lida coa esencia da súa psique. Un acto de equilibrio entre o sol e o océano, claro e escuro, igualmente audible nas composicións do residente en Suiza. O seu espectro vai do jazz a Radiohead e da música clásica á música popular galega e brasileira, gravada en catro álbums con colaboradores como Mark Turner, Yumi Ito e Xan Campos. A nova obra, “Luzada”, será publicada o 25/11/2022 e, segundo a R.A.G., ten dous belos significados: “luz desprendida por un corpo, propia ou reflectida” e “a primeira luz do día, cando sae o sol”. 

Desde os 18 anos, o músico natural de Cangas ten actuado regularmente en festivais e clubes de América e de toda Europa, especialmente en Suiza, España e Portugal. Compartiu escenario con artistas como Avishai Cohen (trompeta), Steve Nelson, Perico Sambeat, Jesse van Ruller, Jorge Rossy e moitos outros. A Fernández tamén se lle pode escoitar en máis de 40 discos, catro deles ao seu nome: “Agromando” (2011), “Acougo” (2015), “Brisa” (2016) e “Luzada” (2022). Outros proxectos actuais son Yumi Ito, WIZ, Ghost Beast e Xan Campos Trio. 

Sábado 3 de Decembro Robert Beade “Influences”

Robert Beade: guitarra Santi Marsán : baixo eléctrico Manuel Bastón: batería 

Robert Beade guitarrista natural de Barro (Pontevedra) forma parte da lbanda de José Rubio e como guitarrista en Evil Hunter. Formou parte dos grupos Jit, Negra Sombra, Extrema Unción, Feitizo, Nova Era ou Rock Sonic. 

En xaneiro de 2020 presentou o seu primeiro disco en solitario “INFLUENCES” no que recupera a forza do rock instrumental melódico dos anos 80 fusionandoo con outros estilos musicais, música de raiz galega e influencias actuais. 

Influences sorprende pola súa frescura, musicalidade, versatilidade e virtuosismo. 

Sábado 10 de decembro Noli Torres Trio 

Noli Torres: batería Sarunas Pupelis: saxo alto Rafa Morales : baixo eléctrico 

Noli naceu en Pontevedra no ano 1971. Xa de neno comezou a amosar o seu gusto polos ruídos estraños e o aporreamiento masivo de obxectos. Máis tarde refinou ese hábito pasándoo polo filtro da música e interesándose nun primeiro momento pola música clásica e o jazz. Como non podía ser doutra forma, decantaríase máis adiante pola batería. 

Desta maneira, no ano 1986, comezou a súa formación no Centro de Estudos de Música Moderna de Pontevedra, estudando a disciplina de batería con Tony Patchi e Fernando Llorca. Unha vez terminado este ciclo, e dada o seu crecente e desmesurada afección polo jazz, ingresou na primeira escola de jazz creada en Galicia, a Baio Ensemble de Vigo, fundada polo músico e profesor de jazz Alberto Conde. 

Buscando nuevo esquemas e ferramentas musicais para a súa incipiente carreira formativa acode a Madrid nos anos 1990 a 1992 onde completa a súa educación musical no Taller de Músicos e na Escola de Música Creativa. Alí aprendería a fixar a súa técnica con músicos como Guillermo Mcguill, Perico López, Carlos Carly, Manolo Sánchez, Nirankar Khalsa e Manolo Quella. 

Finalmente, xa inmerso no seu traballo como baterista en bandas de jazz e todo tipo de orquestras, saca tempo desde 2008 a 2013 para obter o Grao Superior de Jazz no Conservatorio Superior da Coruña. 

A constante de Noli foi e é o traballo contínuo e multidisciplinar. A pesar da súa predilección polo jazz, nunca dixo que non a ningún estilo e sempre lle gustou explorar nuevo territorios musicais, de tal forma que tanto o podes atopar tocando nun cuarteto de jazz de renome, uns pasacalles, unha voda, unha feira medieval, un espectáculo televisivo, un bareto de concertos ou dando clases a nenos na Escola A Tempo. Tamén participou en numerosas orquestras: Congreso, Babilonia, Royal, Gales, Florida, Tambo SL, Sonora, Bolero, Limón… 

En canto ao jazz, traballou en formacións tan dispares como Kin García Trío, Jazzers, Peter Delphinich and Friends, Alem, Tony D ’arco trío e Cálea Jazz trío. Desde 2006 colabora co proxecto musical VI-Gop, composto polo pianista Antonio López (Monano), o saxofonista Juan Carlos Otero e o contrabajista Óscar Rodríguez e el mesmo á batería. Este grupo foi galardoado co 2o premio pola composición ‘O tigre de Papel’ no concurso organizado pola SGAE “Concerto Autor” e en 2007, presentou o seu primeiro traballo discográfico “Ao vivo!” Tamén é de apuntar os concertos nos distintos festivais de jazz que se celebran en Galicia, nos que tocou, co trío de Kin García, con xente da altura de Jorge Pardo, Matthew Simon, Raynald Colom… 

Pero non só de jazz vive Noli, ultimamente tamén participa noutro tipo de formacións máis aberrantes como Gog e as Hienas Telepáticas ou Medio Grumo, aínda que aquí baixo sobrenomes artísticos como Rattlesnake, Big Papi ou Glisando. Nelas dá renda solta a outro tipo de ritmos máis tendentes ao punk rock escuro e que non se atopaban dentro do seu nutrido portfolio.