A mirada da infancia fío condutor da exposición ‘A cidade é a pegada’ e protagonista da imaxe gráfica da mostra que botará a andar o 15 de decembro en Pontevedra

271


O cartaz, concebido polo comisario Alfredo Olmedo cun aspecto “descaradamente cinemátográfico”, parte das fotografías dos nenos Darío e Violeta realizadas por Fernando Suárez e foi deseñado por Patricia Dopico  

A imaxe, difundida hai uns días, ten unha importante carga evocadora e recolle tamén un espazo icónico como a ponte do Burgo que representa o peso da memoria pero tamén á transformación

Entre as preto de 500 pezas que conformarán o proxecto expositivo, avanzaron  que se atopa un herbario creado en exclusiva con máis de 50 especies recollidas nas beiras do río,  un retrato feiro sobre as fotografías dos nenos e nenas do  hospicio da man do artista e comisario do apartado de infancia Norberto Olmedo e o planos orixinais da Ponte da Barca, facilitados pola Axencia Galega de Infraestruturas grazas ás xestións do arquiveiro municipal Rodrigo Silva

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores presentou esta mañá á imaxe gráfica da exposición ‘A cidade e a pegada’ que tal e como avanzou terá lugar o día 15 de decembro ás 20:30h na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura e contará previamente cun recital a cargo da actriz Charo López e unha visita matinal destinada aos medios de comunicación.

Lores quixo destacar o espírito da mostra inédita: chámase A cidade é a pegada e reflexa moi ben como a cidade deixa pegada nos seus habitantes, como Pontevedra deixa pegada nas súas xentes. É unha ollada panorámica da historia recente da cidade en diálogo coa Pontevedra actual, centrada nas persoas e na pegada. Todos somos os depositarios dun legado e a nosa misión é melloralo pero tamén lembralo, mostralo e tratalo coa dignidade e o respecto que merece. A cidade é a pegada pretende ser un lugar de encontro de toda Pontevedra coa memoria do que somos, do que fomos e o camiño que percorremos e a esperanza de seguir xuntos por moitos anos máis no futuro. Dalgunha maneira esta exposición expresa o amor intenso que temos os cidadáns de Pontevedra por esta cidade.

“Eu penso que non se fixo nada similiar na cidade, unha exposición tan grande e tan completa, inédita. Fixo modificacións no Pazo e consta de 350 fotografías, 25 pinturas, esculturas, etc. É un gran traballo expositivo que queremos agradecer ao comisario Alfredo Olmedo aos subcomisarios e moi especialmente ás entidades que colaboraron e participaron activamente ben na cesión de material como Diario de Pontevedra, Museo de Pontevedra, Arquivo da Deputación, Abanca, a Xunta especialemte a través da Consellería de Educación, ao IES Valle –Inclán, á ONCE, o arquivo familiar de Rafa Fariña, ao Clu Naval de Piragüismo, numerosas coleccións particulares, e moitas outras. É una exposición para mirar ao pasado, comprender o presente e imaxinar o futuro.”

Sobre o cartaz, a idea deste foi concebida polo comisario da mostra Alfredo Olmedo que sempre tivo claro que “tiña que ter un aspecto descaradamente cinematográfico. Era importante construír unha imaxe, un clima. Os nenos Darío e Violeta, o espazo icónico da Ponte do Burgo que representa moi ben por unha banda o peso da memoria pero tamén a transformación de como se actualizou ata ser unha arteria para uso e disfrute da cidade. Son un neno e unha nena que están calculando a cidade, o lugar no que viven. Este proxecto expositivo e así o reflexa o cartel, non é para recoller datos, e para mergullarse nunha experiencia. Agradezo ao Concello e á concelleira por levar a cabo unha idea sinxela pero tamén tremendamente complexa”

Patricia Dopico, encargada da imaxe editorial e publicitaria da exposición apuntou que “a imaxe reflicte a expo en si mesma e a mirada do comisario, o prxecto en si mesmo. Ten un carácter moi fílmico e a mirada da infancia tamén era moi importante para o comisario. Aparece o río que tamén está moi presente na exposición, as pontes, que forman parte do propio escudo da cidade, as dúas beiras. A infancia está moi presente nesa mirada. E coa disposición do texto quixemos salientaro que a cidade É. Neste caso, a pegada, pero moitas cousas máis”

Fernando Suárez é o autor das fotografías dos protagonistas das dúas versión do cartaz, os nenos Darío e Violeta e tamén subcomisario xunto con Norberto Olmedo do apartado de infancia da exposición. “A mirada da infancia está representada de xeito moi atemporal dentro da exposición. Unha mirada de ensoñación que aparece moi ben representada no cartaz grazas a Darío e Violeta. Nenos que viven e xogan na cidade, que non son modelos e aos que agradecemos, igual que a seus país e ao resto de nenos/as que aparecen na exposición.  Hai moitos nenos na cidade dos que aprendin a xogar nos recunchos que os nenos sempre buscamos. Son miradas que non centran tanto a cidade pero que a constrúen”

Ao peche da rolda, Carme Fouces, promotora da exposición quixo agradecer e salientar o traballo que se levou a cabo durante máis dun ano para levar a cabo a mostra. Do comisario, os subcomisarios, arquiveiro e todas as institucións implicadas.

Por adiantar algo do que poderá atopar quen visite a mostra entre o 15 de decembro e o 22 de marzo un herbario con 50 especies recollidas en torno ao Lérez, unha pintura a óleo realizada por Norberto Olmedo sobre ás fotos dos nenos/as do hospicio, que serve como homenaxe e os planos orixinais da Ponte da Barca cedidos pola Axencia Galegda de Infraestruturas.

Avanzan que a partir de xaneiro a mostra contará con visitas guiadas para escolares e público en xeral