Volven As Matinés do Principal a Pontevedra co concerto de Los Estanques e Anni B. Sweet o próximo 11 de marzo

66

O espectáculo está previsto ás 13.00 horas, xa que unha das características que definen o ciclo musical de As Matinés é a de manter unha programación diúrna.


As entradas están dispoñibles dende os 12€ + gastos a través de Ataquilla.com

As Matinés do Principal regresan no 2023 sen perder un ápice da súa esencia: a mellor música ao vivo para compartir en familia e en horario matutino.
Un ciclo para todos os públicos fóra dos tópicos do formato habitual das programacións matinais, dirixidas principalmente a unha audiencia familiar, fomentando desta maneira novos horarios de consumo cultural e apoiando á actividade diúrna nos locais da cidade.

Un proxecto que aposta por integrarse na vida da cidade ofertando renovados hábitos de consumo cultural e de ocio.
O ciclo musical do Concello de Pontevedra comeza este ano coa actuación de Los Estanques e Anni B. Sweet, quen é recoñecida como unha das artistas máis destacadas da música independiente española. Esta unión artística chegará ó Teatro Principal de Pontevedra o próximo 11 de marzo ás 13.00 horas, nun horario adaptado a todos os públicos, para presentar o seu primeiro álbum conxunto, baixo o título “Burbuja cómoda y elefante inesperado”, que saíu o pasado mes de maio. Está composto por
Annie B Sweet e Iñigo Bregel (voz, teclado e guitarra da banda), e producido integramente polo propio Bregel.
Empapado de psicodelia e ritmos setenteiros, ‘Burbuja cómoda y Elefante inesperado’ une a calidez vocal da cantante e as guitarras eléctricas incontrolables do grupo cántabro nunha alianza de escándalo.

As entradas están dispoñibles na web ataquilla.com dende os 12€ (+ g.x.). Os menores de 12 anos dispondrán de entradas ó 50% do prezo xeral.
Apertura de portas: 12.30h
Inicio dos concertos: 13.00h