Bota a andar o V Congreso Internacional de Mediación Lectora ’Libros (tamén) para xogar’ cos faladoiros do Premio Nacional de Poesía Ismael Ramos e Diego Alejandro Ruiz, chegado de Colombia

1


Ao continuación das palestras tiveron lugar catro obradoiros para recuperar a parte práctica do congreso que se perdeu nos anos de pandemia

As máis de 100 prazas ofertadas mediante as inscricións a través da web do Salón e a plataforma “fprofe” para profesorado en activo, esgotáronse nunhas horas

O congreso continuará nas xornadas dos xoves 27 de abril e 4 de maio


Un ano máis e coincidindo co Salón do Libro botou a andar o Congreso Internacional de Mediación Lectora que levará por título ‘Libros (tamén) para xogar’. O evento, que terá as próximas sesións o 27 de abril e 4 de maio no Salón de Acto, conta cunha importante representación da cultura colombiana. Hoxe da man de Diego Alejandro Ruiz e Carolina Rueda

Na súa intervención a concelleira Carme Fouces apuntaba que “o Salón do Libro este ano apostou pola parte máis lúdica da literatura. De Francesco Tonucci aprendemos que xogar é unha cousa moi seria e que o xogo, igual que a lectura, é motor de desenvolvemento cognitivo, emocional, físico e social para nenos e nenas. O congreso de mediación lectora non ía ser menos e co lema LIBROS PARA XOGAR organizamos unha serie de conferencias e obradoiros que confiamos sexan inspiradores e de boa utilidade para as que sodes docentes ou para as que aspirades a selo. Desde o Concello somos ben conscientes da importancia importancia das mediadoras de lectura, do traballo e esforzo que desenvolvedes día a día para transmitir o amor polos libros, as horas que pasades imaxinado actividades e estratexias para que a rapazada decida por vontade propia, diante dun abano tan amplo de ocio como hai hoxe en día, coller un libro e mergullarse nel.

Este ano, por fin, volvemos ao formato prepandémico de facer obradoiros cun enfoque práctico, que bos dean ferramentas, ideas e recursos para traballardes logo nas aulas. Escollemos un elenco do melloriño que temos no país, e tamén de fóra, doutro continente: Carolina Rueda e Diego Alejandro Ruiz veñen desde Colombia para compartir con nós a súa experiencia na mediación. E se por algo escollemos Colombia como país convidado no Salón foi precisamente pola transformación social que alá fixeron a partir da lectura. E unha honra que nos acompañe a poesía, que ademais de ser unha arma cargada de futuro é o xénero literario máis brincadeiro. Que fan as poetas se non xogar a rebuldar coas palabras.? Por iso agradecer a Ismael Ramos que nos acompañe hoxe para inaugurar este encontro, que sempre é unha festa. O dito, aproveitade todo o que poidades a todas estas persoas que interveñen no congreso que teñen tanto feito no mundo da escrita, ilustración, teatro, narración oral, podcasting, videoxogos, arte, integración… A ler e a xogar!”

A representante do Campus de Ponteveda, que acudiu en lugar de Eva María Lantarón Caeiro agradeceu a resposta do numeroso público asistente ao que convidou a aproveitar ao máximos estas xornadas e ferramentas de medición.

Logo da introducción dos relatores de hoxe, realizada por Eulalia Agrelo, da Universidade de Vigo, botou a andar o faladoiro “Eu xogaba con poesía” de Ismael Ramos. O Premio Nacional de poesía falou da importancia que tiveron as mediadoras na descuberta da lectura. Unha nai, unha avoa, etc e libros como ‘Olivia tiene cosas que hacer’ de Elvira Lindo co que “descubrín moi novo que aliteratura para min, ía ser entender o mundo. A través dese libro eu entenderá algo. Ler un poema é colocarse nun abismo e ese abismo é a comprensión. Incorporar un texto á nosa experiencia. Comprendemos algo e quedamos á intemperie do coñecemento. A literatura é o acto de darse aos demais”

Enlazando con esa última frase, iniciaba a súa palestra o convidado colombiano Diego Alejandro Ruiz “Hablando de la lectura como acto de generosidad, hace muchos años que yo hago lecturas a domicilio y por teléfono. Alguien me llama y me dice mi madre está muy triste. Y yo la llamo de su parte y le recito unos versos. La literatura, la poesía, son acompañamiento. Yo no escribo pero hay muchísimos autores maravillosos. Hay que dar a concoer la herencia maravillosa que es la literatura y la oralidad”. Diego Alejandro enumero diversos proxectos institucionais e civís de fomento de lectura e mediación gracias aos que  “personas que vivieron el narcotráfico o la guerra, vimos una posibilidad distinta: la creación. Estos espacios como  La fiesta del Libro de Medellín, el Salón del Libro, Juego Literario, Caseta Rural, Picnic de Palabras, VivaPalabra, Comfama, Bibliocielo o La Enjambre, ayudan a transformar un país, promueven la lectura, la escritura y la oralidad, hacen que los colombianos leamos más y se tejan lazos entre comunidades”

Ao remate e logo dun breve descanso botaron a andar simultáneamente os 4 obradoiros que permitiron explorar as relacións entre o xogo, a palabra literaria e os diferentes soportes, da man do xa citado Diego Alejandro “Xogos poéticos: poemarios de peto”, da tamén colombiana Carolina Rueda con “Narrar para xogar coas palabras” Na ensamblaxe entre a imaxe, a creatividade e o xogo aprenderon con “Palabras debuxadas :poesía visual” de Iván R. O tratamento doutras linguaxes e soportes foi abordado por Rede Espora, centrado en  “Radio e podcasting para a mediación lectora”