O musical ‘Mamma Mía’ do grupo ABBA chega á cidade para recadar fondos para dúas protectoras de animais

100
  • O pase terá lugar o vindeiro 7 de maio ás 20:00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra

A música de ABBA recadará fondos para as protectoras de animais a Canceira de Poio e os Palleiros de Pontevedra, grazas ao músical tributo a ‘Mamma Mia’ impulsado pola asociación Wakea en colaboración co Concello de Pontevedra. A representación realizarase o 7 de maio, ás 20:00 horas, no Teatro Municipal da cidade. 

Todo o recaudado coa venta de entradas reartirase íntegramente ás asociacións de Pontevedra mencionadas. Os interesados poden adquirir as súas entradas nos seguintes puntos de venta: Autoescuela Galicia, Pequeñitos Y Adorables, El Rincón de los Perfumes Pontevedra, Cv Dogos, Clínica Veterinaria Mourente, así como nos refuxios de animais “A Canceira” de Poio e “Os Palleiros” de Pontevedra.

O evento, que é posible gracias á labor dun grupo de xente nova que dedica as súas horas ao proxecto e axuda coa súa arte a estas entidades, trátase dun musical que une solidariedade e arte coa representación e tributo a este lexendario grupo ABBA, un evento co que se pretende, ademais de axudar aos nosos amigos peludiños, contaxiar alegría ao público. 

wakea