O Salón do Libro pecha as súas portas coa homenaxe a María Fe Quesada e Manuel Lourenzo González e o espectáculo ‘Contos do Grunge’ a cargo do alumnado de RockLab

20


O acto, conducido pola concelleira Carme Fouces contou coa Iris Darriba, actriz e filla de María Fe Quesada para a loubanza da ilustradoira pioneira.

O cineasta Mario Iglesias foi o encargado do discurso dirixido ao homenaxeado Manuel Lourenzo.

O evento contou co acompañamento musical de Noite Fernández coas pezas Je veux e Quen puidera namorala e un par de cancións compostas e interpretadas ex profeso por alumnado do RockLab

O espectáculo da tarde correu a cargo de rapazada entre 4 e 9 anos, pertencente aos cursos de Rocklab que interpretou 8 pezas entre as que atopamos versións de cantigas de Colombia, os galegos Novedades Carmiña, The Offspring, Daft Punk ou Pearl Jam


A concelleira de Cultura Carme Fouces foi a encargada de conducir esta mañá o acto de homenaxe no que o Salón  quixo recoñecer as traxectorias da ilustradora pioneira María Fe Quesada e o escritor Manuel Lourenzo  González, quen foi tamén director do Salón do Libro nas primeiras edicións.

Nun acto onde non faltou a música, da man de Noite Fernández e o alumnado de RockLab sucedéronse as loubanzas e discursos emotivos que iniciou a concelleira: “un dos nosos momentos preferidos do Salón é o acto que acaba de empezar, porque o Salón do Libro non tería sentido sen agradecer a quen nos agasallou co xogos e os mundos reais e imaxinados que se tecen nos libros”

Logo de citar as reflexións que o xoves fixera Francesco Tonucci na conferencia de clausura do congreso de Mediación Lectora “Ler é vivir outra vida, unha vida diferente á nosa. Emocionarse cos personaxes da historia, meterse no mundo das autoras, compartir ledicia e dor, rir e chorar. Ler significa vivir máis e xogar é o mesmo. É saír da vida cotiá e entrar nunha vida fantástica onde o que non podo facemos facer, inventámolo. No xogo e nos libros usamos a fantasía para vivir emocións. Movémonos, divertímonos e despois volvemos á nosa vida. Ler e xogar son cousas ben parecidas, e as dúas son fantásticas,”, proseguiu para introducir a primeira loubaza : “niso estivemos estes case vinte días, estes xa vintecatro anos, xogando e lendo, creando espazos de encontro arredor do libro e a lectura onde caiban todos os mundos posibles. Mundos coma os que inventou María Fe Quesada, desde os primeiros anos oitenta, cando a penas existían libros infantís e xuvenís na nosa lingua, teceron con plumas e lapis de cores historias que fixeren que os nenos e nenas tamén puidesen soñar en galego.”

Iris Darriba, actriz e filla de Maife Quesada foi a encargada da laudatio porque “son a única que pode dar unha visión dela, como nai e como pioneira na ilustración en Galicia. É unha honra como fillaa estar hoxe aquí en representación dunha xeración que medrou cos teus personaxes. Non sabemos ben se empezou antes a camiñar ou a debuxar, pero dende ben pequena amosou talento e sensibilidade para pelexar co mundo cun lápiz e un pincel. Con 4 anos recibiu o Premio Naional de Pintura Infantil en 1961. Foi o primeiro de moitos premios que encumbraron o seu traballo como pintora, cartelista e debuxante. Maife é miña nai e impulsora da LIX Galega. Foi quen de conciliar familia e a súa dobre profesión como ilustradora e enfermeira e polo seu caracter e circunstancias, non tiña espazo fixo para crear. Gustáballe traballar rodeada de xente e barullo, entre nenos aos que moitas veces pedía opinión, dende unha mesa de camping encartable que levaba con ela a todas partes. Creaba universos únicos nos que mesturaba realidade e ficción e onde podemos atopar xoguetes e cando eu era nena, nome de algún familiar, etc. Pero máis aló da relevencia do seu traballo pola calidade artística está o seu compromiso coa comunidade que a adoptou desde os 9 anos: Galicia.  A entrada en vigor da Lei de Normalización Linguística trouxo a necesidade de encher de libros e tivo a oportunidade de ilustrar o primeiro libro de texto. Con máis de 100 ltítulos ás costas, de editoriais como Galaxia, Bruño, Xerais, etc. Creou personaxes para Gloria Sánchez, Emilia Pardo Bazán, Fina Casalderrey, Neira Vila, etc. e contribuiu a xeracións de nenos/as viaxados. Non físicamente senón coa imaxinación.

Rematou afirmando emocionada: “é historia do noso país. Puxo as primeiras pedras dun camiño que elevou a nosa cultura. Maife é unha honra para unha filla”

Unha emocionada María Fé Quesada tomaba a palabra moi emocionada para respoder á súa filla:” ela medrou ao carón da miña mesa de traballo, observando e opinando sobre os meus debuxos. Penso que ata hoxe nuna lle dixen que foi o meu referente e inspiración para chegar ao corazón dos nenos. Quero agradcer ao Concello pola promoción e fomento da lectura e a todos os responsables de que hoxe estea aquí. A linguaxe visual é esencial na primeira infancia. Mediante ela a cativada adquire sensibilidade, creatividade, memoria, sentido da beleza artística e senta as bases do gusto futuro pola lectura. Medrei rodeada de lenzos e pinturas de meu pai e mestre. Nunca faltaba na mesa camilla papel e lapiceiros para dar renda solta a imaxinación Nesa camilla medrou o xerme dunha paixón: debuxo por puro placer, introdúzome sempre dentro da historia que estou ilustrando”

A ilustradora quixo salientar a súa figura como “pioneira como profesional e como muller. Formei parte dun reducido grupo que participou nos inicios dun proxecto de futuro encamiñado a promover e fortalecer a nosa lingua nun futuro. Unificamos forzas para defender a nosa profesión no mundo editorial galego e fundamos AIGA (Asociación de Ilustradores Galegos). Sentamos as bases que deron lugar a actual AGPI.

Para rematar Quesada quixo destacar que “foi un privilexio traballar con escritores e escritoras. Quero agradecer que depositaran en min a confianza para crear con total liberdade personaxes a partir dos seus textos A miña forma natual de comunicar son os debuxos. En todas as miñas ilustracións hai un anaquiño de min”

A concelleira Carme Fouces deu paso a loubanza de Manuel Lourenzo, realizada polo cineasta pontevedrés Mario Iglesias, lembrando o traballo realizado polo escritor na súa traxectoria xeral e tamén dentro do Salón: “se temos un amigo que nos namorou durante moitos anos cos seus libros, co seu traballo incansable de dinamizador cultural, como director do Salón do Libro e como autor dunhas magníficas exposicións sobre obxectos de conto ese foi Manuel Lourenzo González. Era xa boa hora de renderlle a homenaxe que merece e por en valor o seu labor incansable xogando coas palabras. E en vez de deixarse agasallar relaxadamente, Manuel vestiu o traxe de faena e púxose a traballar intensamente na ambientación do Salón, creando adiviñas, xogos de pistas, seleccionando poemas, inventando historias… Queriamos agasallalo mais acabou agasallándonos a nós, máis unha vez”

Mario Iglesias, amigo de Manuel Lourenzo Gonzalez desde tempos mozos, lembrou numerosas e divertidas anécdotas de xuventude, como unha breve incursión no mundo da música co grupo ‘Os de repente’. Destacou o seu amor polos cómics e por referentes como Cunqueiro e Borges e apuntou : “facía cómics cando os demais facíamos o vago. O guión, os debuxos. Historias fantásticas cun aquel filosófico ademáis de aventura.  Sitúa unha realidade moi parecida á túa pero descoloca un par de cousas que te fan entrar noutra realidade. Manuel pode construír mundos fantásticos pero o máis fantástico que constrúe está no espello do teu cuarto de baño. Un mundo desconcertante pero moi documentado, para que ti digas: non pode ser….. pero…. É se si???”

Iglesias rematou a súa intervención apuntando: “a parte dese inxeño e talento é a maior capacidade de traballo que coñezo. É unha persoa que perdurará. Cando se fale destes tempos, falarase del inevitablemente “

Manuel Lourenzo comezou a súa intervención apuntando que “é unha alegría e sorpresa tremenda que esta presentación a fixera alguén que me coñece tan ben. E tamén unha desgracia hahaha porque sabe moitas anécdotas xa que son moitos anos.

Logo de agradecer ao Concello e autoridades presentes e a organización do Salón quixo destacar a emoción ante a homenaxe: “podería utilizar unha morea de adxectivos se quixese decir como me sinto, sen preocuparme de que raien no tópico: satisfeito, orgulloso, venturoso, feliz, emocionado,… E non me refiro só a esta xornada, a este acto que teño que entender como o xeito protocolario de manifestar recoñecemento e cariño, senón ás dúas semanas precedentes, nas que se me depararon unha rolda de gratificantes actividades, e aínda máis ás semanas anteriores, ao tempo en que este XXIV Salón se foi xestanto e cociñando. Porque, con gran xenerosidade, se me permitiu botar unha man nalgúns elementos da montaxe e a ambientación, e ata suxerir algunha idea para o programa de actos. Foi marabilloso compartir sesións de traballo cun grupo de persoas novas, de talento, perfectamente organizadas e sabiamente dirixidas, e foi magnífica sorpresa que entre elas houbese unhas cantas que lembraban ter vivido na súa idade escolar os primeiros Salóns do Libro e escoitar ata que punto os marcara aquela experiencia.

Dito isto, podedes comprender que me sentise maxicamente trasladado a aqueles afastados anos en que un selecto grupo de amigas e amigos botabamos a andar, con gran entusiasmo e enerxía creativa, e contando co respaldo do goberno municipal, este proxecto que hoxe, e non hai esaxeración nisto, é un dos máis relevantes do Estado español”

O homenaxeado fixo un percorrido pola súa traxectoria diversa como promotor ou implicado en diferentes proxectos e iniciativas culturais: “sempre me vin atraído por eses camiños, xa fosen pistas lousadas ou congostras, que se cruzan coa gran autoestrada literaria. De aí a diversidade que caracteriza a miña obra e que me afasta do estándar común.

Poño como exemplo esa exposición integrada no Salón que parece que gusta a tanta xente que chamamos “Cousas dos libros”, ou a colección de microrrelatos a partir de imaxes publicada en certo blog e recollida nun libro dun único exemplar, ou ter participado na experiencia musical que se ofreceu no inicio do Salon co título “Son de Contos”. Ou mesmo as dúas últimas cousas que escribín ata hoxe, que son o texto para un catálogo de pintura, un texto narrativo, non técnico como cabía esperar, a partir dunha exposición de catro artistas, aproveito para facer publicidade, titúlase “Había outra vez” e exponse no Museo de Pontevedra, estará aínda nos seguintes quince días, e, o máis recente, un libro de madeira tallada que contén unha única frase e que talvez vistes nunha vitrina nun recanto do Salón. Como era de esperar, tamén existe un único exemplar.

E, por outro lado e ao mesmo tempo, esa vea diversificadora levoume a apuntarme, xa fose como convidado ou por iniciativa propia, en solitario ou integrado en colectivos, a canta festa me saía ao paso en canto a actividades que mencionei, falemos da organización e xestión de eventos culturais, velaí o caso principalisimo do Salón, mais non só, a planificación de ciclos de conferencias, de presentacións de libros, de labores teatrais, etc.

Tamén é certo, e este é outro punto de vista, que todo ese activismo levou a que, en boa media, descoidase a miña propia “carreira” literaria. Porque o tempo é o que é e a vida non dá para todo. E, si, por veces  pregúntome se non foi un pouco excesivo, e se non debín centrarme en escribir e publicar algo máis. Porque por falta de ideas e de ganas non era”

Rematou a súa intervención facendo un xogo de palabras a partir dunha afamada cita de Calderón: Vou despedir cun whasapp que me acaba de chegar, este non vén de musa, senón dun gran escritor que parece que se adiantou en 400 anos ao espírito deste XXIV Salón do Libro de Pontevedra. É un pouco longo, pero interésanos sobre todo o final, cando nos recorda… que toda a vida é xogo // E os xogos xogos, xogos son”

Para rematar o acto, tivo lugar a entrega duha figura de Sargadelos do loro Ravachol a cada un dos homenaxeados. Manuel Lourenzo foi tamén agasallado, cun retrato feito por Ana Seoane e varias ilustracións do relato que o escritor homenaxeado escribiu para a ambientación do Salón. O fillo da artista, Lucas, leu un pequeño fragmento .

Na despedida da homenaxe, a concelleira de Cultura Carme Fouces quixo destacar a importancia da cativada neste evento e outros programa culturales do Concello e deu paso ao alumnado de 9-10 anosRockLab que interpretou dúas cancións compostas ex profeso, unha adicada a cada homenaxeado: Animais de compañía dirixida a Manuel Lourenzo González e Pinta a nosa vida para a ilustradora María Fe Quesada.

O alumnadode 4 a 9 anos foi pola tarde o encargado do espectáculo de clausura ‘Contos do grunge’ que botou a andar cunha breve intervención de Carme Fouces para despedir esta edición do Salón que pecha logo de 17 días, máis de 300 actividades desenvoltas e miles de nenos, nenas, familias e centros de ensino que gozaron delas.

Fouces agradeceu a toda a xente implicada activamente neste proxecto, aos nenos e nenas, país, nais, familias, centros escolares pero tamén quixo destacar a labor do equipo de traballo “ao monitorado que recoñecedes fácilmente coas súas camisetas, que vive e cre no que fai o fai cun cariño absuluto, pero tamén a xente que non recoñecedes e que ademáis dos meses de traballo previo, estes días que durou o Salón viviu literalmente aquí dentro para que todos e todas vós tiverades as mellores actuacións, contacontos e que todo saira ben. A valoración deste Salón e moi positiva. A pandemia fixo algo a favor: er conscientes do que perdemos e agora que o reuperamos a xente o abrazou dunha forma alucinante. Moitísimas grazas. Agora van subir aquí 70 persoas a cantar, imos pásalo ben súas e gozar de algunha sorpresa. Ata o ano que vén!”

Cun par de historisa fantásticas como fío condutor – uns exploradores perdidos na selva de Colombia por mor dun xogo de mesa e unha invasión extraterrestre –  o numeroso público puido gozar de 8 pezas, na maior parte versións de El pescador (canción colombiana), Cariñito de Novedades Carmiña e outras de The Offspring, Daft Punk ou Pearl Jam e outros temas grunge dos 90, e tamén algunha de creación propia como Chiptune 1 ou Chiptune 2.

Ao remate, tivo lugar unha sorpresa onde todo alumnado, nais, pais e ata a propia concelleira Carme Fouces, subiron a cantar xuntos e despedir o Salón por todo o alto ata o ano que vén.