Os vendedores de flores poderán solicitar os días 16 e 17 de outubro un posto no Mercado de todos os Santos da Ferraría

20

Deberán presentar a solicitude nas dependencias de Promoción económica situadas na Casa da Luz.

Os 40 postos adxudicaranse por rigorosa orde de solicitude.

O mercadiño das flores de Todos os santos celébrase os días 30 e 31 de outubro na praza da Ferraría, como vén sendo tradición. 

O Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías prepara o tradicional mercadiño de venda de flores na praza da Ferraría con motivo do día de Todos os santos, 1 de novembro. As persoas interesadas en solicitar un posto deberán facelo os días 16 e 17 de outubro nas oficinas que a Concellaría de Promoción económica ten na Casa da Luz.

Os postos que saen a adxudicación son 40, das seguintes medidas: 8 de 2 m2, 14 postos de 4 m2, 6 postos de 6 m2, 7 postos de 8 m2, 5 postos de 10 m2. Cada solicitante so poderá demandar un posto e a adxudicación será por rigorosa orde de solicitude até esgotarense.

Os adxudicatarios deberán presentar por Rexistro electrónico do Concello ou nas oficinas do Rexistro do Concello, situadas en Michelena 30, a solicitude cuberta e a liquidación da taxa de ocupación de vía pública polo número de metros que van a ocupar. O prazo para presentar as solicitudes remata o 20 de outubro.

O mercadiño de flores celebrarase os días 30 e 31 de outubro.