O Concello dá un novo impulso aos servizos sociais ao aprobar os plans de Igualdade, mediación familiar e inclusión 

17

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá un novo impulso á área de Benestar Social coa aprobación do Plan de Igualdade para os anos 2023-2025 que « recolle a guía de actuacións do Concello para promover a igualdade », segundo explicou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores na súa comparecencia.

Tamén se aprobou o Plan de mediación familiar pensado para familias desestructuradas. É un plan que neste momento executa a empresa Meniños e que sae a contratación por un prezo de 105.000 euros (210.000 euros por dous anos) por un prazo de dous anos máis prórroga doutros dous.

Finalmente tamén se aprobou o Plan de inclusión coa incorporación temporal de dous traballadores sociais.