O Concello de Pontevedra pon en marcha distintas actuaciónsno rural por valor de 1 millón de euros 

59
Os proxectos de obra foron consensuados coa veciñanza das parroquias a través das diferentes  xuntanzas realizadas coa concelleira de Rural, María José Abilleira
A edil indicou, ademais, que os fondos para estas obras serán incluídos dentro da vindeira modificación de crédito 

A concelleira de Rural, María José Abilleira, ofreceu esta mañá de luns, 6 de maio, unha rolda de prensa para dar conta das distintas actuacións que se porán en marcha no rural pontevedrés, e que suman preto de 1 millón de euros de investimento municipal.

A edil explicou que ao longo dos últimos meses mantivo numerosas reunións, tanto cos colectivos veciñais das parroquias como con veciños e veciñas a título particular; accións que considera «fundamentais á hora de manter un contacto continuo coa veciñanza para darlles traslado directo das actuacións a realizar como tamén para coñecer as súas necesidades». 

«Os veciños e as veciñas son as persoas que mellor coñecen as súas parroquias, son elas as que fan un seguimento constante e permanente das mesmas. Recoñezo que non podo estar máis satisfeita pola comunicación lograda estes últimos meses», sinalou.

Logo desta rolda de contactos, a edil deulles orde aos servizos técnicos do Concello de Pontevedra, máis en concreto ao departamento de obras no rural, para valorar e priorizar as actuacións que se levarán a cabo, especificadas a continuación:

  • Reurbanización da Rúa San Cristovo, Lourizán
  • Pavimentación da Rúa das Pereiras (A Parda)
  • Asfaltado do barrio de Casaldarado, Lérez 
  • Asfaltado e canalización de pluviais no lugar do Outeiro, Lérez
  • Ampliación e reasfaltado de pista na Ermida, Cerponzónss
  • Pavimentación da pista no lugar de Pilarteiros, Sto. Andrés de Xeve
  • Creación dunha ponte de madeira peonil no lugar de Os Fontáns, Sta. Marí­a de Xeve
  • Acondicionamente do aparcadoiro do campo da festa de Marcón

Tal e como explicou durante a súa comparecencia, Abilleira aclarou que a intención do Concello é licitar conxuntamente todas as actuacións co fin de simplificar os trámites necesarios para levalas a cabo. Ademais, sinalou que os fondos para as mesmas serán incluídos na vindeira modificación de crédito.