Inicio Entroido 2021

Entroido 2021

Entroido CABECEIRA
Entroido - Quen e RAVACHOL

OS FITOS DO ENTROIDO PONTEVEDRÉS

QUEN É RAVACHOL
A principios do século XX existía unha botica en fronte da igrexa da Peregrina propiedade de don Perfecto Feijoo. Era un lugar de paso obrigado, e non precisamente para os que buscaban unha solución aos seus males, senón porque era un sitio onde veciños e visitantes comentaban todo o que pasaba na cidade por aquela época.
Este boticario tiña un papagaio chamado Ravachol, coñecido na cidade por falar e recibir con frases enxeñosas a todos aqueles que entraban na botica. “Un patacón de manesía”, “aquí non se fía” ou “se collo a vara” eran algunhas das que usaba. A pesar disto, había momentos nos que tamén era maleducado, algo que sorprendía a veciños e veciñas, pero ao mesmo tempo íanlle collendo cariño ao animal.
A súa fama foi en aumento ata o día da súa morte. Crese que isto sucedeu entre o 24 e o 25 de xaneiro de 1913, un suceso que sen dúbida conmocionou a cidade de Pontevedra. Este feito provocou que gran cantidade de veciños e veciñas fosen darlle o pésame a don Perfecto Feijoo para mostrarlle as súas condolencias. Foi tal a situación que co paso dos anos foise xerando unha tradición onde se recrea o velorio e o enterro do Ravachol, convertido a día de hoxe nun símbolo emblemático do Entroido pontevedrés.

PREGÓN
Debido á represión provocada polo franquismo, o Entroido pasou a estar nun segundo plano. Foi no ano 1984 cando o Entroido pontevedrés comeza a rexurdir celebrándose desta maneira o primeiro pregón protagonizado por don Antonio Odriozola.

DESFILE
En 1984 o Entroido volve ás rúas despois de décadas. Recupérase o desfile e volve a gozarse o ambiente festivo por toda a cidade.

MURGAS
No ano 1992 créase por primeira vez o Concurso de Murgas. Un acto que co paso dos anos foi tendo tal éxito que se converteu nun dos elementos fundamentais do Entroido pontevedrés.

PARODIA
En 1996 instaurase na noite de martes de Carnaval a Mostra da Parodia, un circuíto nocturno por varias rúas do centro onde se pode atopar todo tipo de parodias disparatadas que teñen como única finalidade divertir a veciños e veciñas.

NOITE PIRATA
O último elemento do Entroido chegou no ano 2011 coa celebración da Noite Pirata. Trátase dunha recreación que fai referencia ao pirata pontevedrés Benito Soto e ao seu navío El Burla Negra.

Agradecementos a Ramón Rozas

EXPOSICIÓN VIRTUAL

RAVACHOL
CHAMA!

As videochamadas
do protagonista
do entroido

Entroido - O REI URCO

RAVACHOL SAÚDA DENDE A SÚA CASA

Entroido - O REI URCO

O REI URCO

Entroido - AS COMPARSAS

AS COMPARSAS
Os Solfamidas

Entroido - A NOSA PRESENTADORA

A NOSA PRESENTADORA
María Carrera

Entroido - MURGAS

MURGAS
Equipo Ja

Entroido - A NOITE PIRATA

A NOITE PIRATA
Benito Soto

Entroido - ENTROIDO

ENTROIDO!
AR de Xeve

Entroido - Aii RAVACHOLIÑO

Aiii! RAVACHOLIÑO
Amigos do Ravachol

PONLLE COR AO ENTROIDO

Descarga e colorea as nosas personaxes